A TERRA, O NOSO PLANETA
Con este vídeo preténdese dar unha visión xeral do noso planeta, como complemento visual do tema que estamos a tratar.
¡Espero que vos guste!
Con este vídeo preténdese dar unha visión xeral do noso planeta, como complemento visual do tema que estamos a tratar.
¡Espero que vos guste!
Nos últimos tempos estamos a ver unha gran información e investigación sobre planetas do noso entorno: Marte, Venus, ... e parece que o único satélite natural da Terra, o único corpo do sistema solar que podemos ver con detalle a simple vista ou cuns instrumentos sinxelos, deixa de ter importancia.
A Lúa ten e supoño que non curto período de tempo terá un papel decisivo como lugar estratéxico nas misións de investigacións espaciais, complemento da EEI (Estación Espacial Internacional).
Hoxe pretendemos coñecer polo miúdo este, mellor dito o noso, satélite: A LÚA.
A Lúa reflicte a luz solar de maniera diferente segundo onde se atope. Xira ao redor da Terra e sobre o seu eixe no mesmo tempo: 27 días, 7 horas e 43 segundos. Esto fai que sempre vexamos a súa mesma cara.Non ten atmosfera nin auga, por eso a súa superficie nunca cambia co tempo, salvo polo impacto ocasional dalgún meteorito.O 20 de xullo de 1969, Neil Armstrong convertíuse no primeiro home que a pisaba, formando parte da misión Apolo XI.
Algúns datos:
| Datos sobre A Lúa | A Terra | |
|---|---|---|
| Tamaño: radio ecuatorial | 1.737 km. | 6.378 km. |
| Distancia media á Terra | 384.403 km. | --- |
| Día: periodo de rotación sobre o seu eixe | 27,32 días | 23,93 horas |
| Órbita ao redor da Terra | 27,32 días | --- |
| Temperatura media superficial (día) | 107 º C | 15 º C |
| Temperatura media superficial (noite) | -153 º C | |
| Gravidade superficial no ecuador | 1,62 m/s2 | 9,78 m/s2 |
No seguinte VÍDEO terás outros datos e imaxes complementarias para ter unha información básica do noso satélite.
A auroras boreales ou Luces no Norte son fenómenos luminosos caracterizados por tipos de velos extremadamente coloreados no ceo nocturno producidos pola interacción do vento solar (débil corrente de gas é partículas cargadas enerxéticamente, na súa maior parte protóns e electróns, que flúen dende o Sol, cunha velocidade de 350 km/s), o campo magnético terrestre e a parte superior da atmosfera.
Un efecto similar ten lugar no hemisferio sur onde se coñece co nome de Aurora Austral.
As auroras principalmente prodúcense nas rexións próximas aos polos magnéticos. Neste vídeo tes imáxenes sorprendentes sobre este tema.
Neste vídeo de 4:02 minutos de duración podes disfrutar vendo imaxes de galaxias dunha forma relaxada e cunha música agradable de fondo. Así que acende os altofalantes e a disfrutar.
¡Unha imaxe vale máis que mil palabras!
Un buraco negro é unha rexión do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior, cunha gran densidade, o que provoca un campo gravitatorio tan grande que ningunha partícula, nin a enerxía, por exemplo a luz, pode escapar.
Hai 15 día un dos maiores experos en buracos negros Stephen William Hawking, estivo en Santiago de Compostela dando unha conferencia sobre este tema e recollendo un premio.
Nestes días estamos a tratar nas clases de 1º ESO o tema DA ORIXE DO UNIVERSO.
Os científicos intentan explicar a súa orixe con diversas teorías. As máis aceptadas son a do Big Bang ou a da gran explosión e a teoría Inflacionaria de Alan Guth.
Iniciamos hoxe unha sección nova VÍDEOS, cun sobre a primeira teoría: a do Big Bang. Ninguen mellor que Carl Sagan (físico e presentado de TV de temas astronómicos morto en 1996) para narralo.
Competase o vídeo cunha viaxe na historia da evolución e da vida na Terra. Un resumo real da materia deste curso.
Espero que esta sección nova suscite o voso interese.