Blogia
vgomez

ZONA VERDE

ATLAS CLIMÁTICO IBÉRICO

ATLAS CLIMÁTICO IBÉRICO

Coincidindo coa celebración do Día Meteorolóxico Mundial, o pasado día 23, baixo o lema “O clima e ti”, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e o Instituto de Meteoroloxía Portugués (IM) presentaron o primeiro Atlas Climático Ibérico.

Da información do atlas soubemos que a temperatura media subíu en España 0,68ºC nos últimos 50 anos. Sen embargo, o promedio de precipitacións non aumentou significativamente , estando estabilizado en 648 milímetros ao ano de media para toda a superficie española.

FONTE: AEMET

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Os reloxos deberán adiantarse unha hora na madrugada de hoxe sábado 26 de marzo ao domingo 27, cando ás 02:00 serán as 03:00, iniciándose así o chamado horario de verán, en cumprimiento da directiva comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os países membros da Unión Europea e que se manterá ata o último domingo de outubro, día 30.

Este cambio de hora suporá en España un aforro medio en iluminación dos fogares de 6 euros (90 millóns de euros), según estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), que apunta que o aforro total pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros. Os 210 millóns restantes corresponderían ós edificios do sector terciario e a industria.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Día Mundial da Auga / Imaxe:www.unwater.org

Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA, que lembra cada 22 de marzo e desde 1993, a instancias de Naciones Unidas (ONU), a escasez deste valioso elemento: máis de 1.100 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable e 2.600 millóns non dispoñen de sistemas de saneamento adecuados. O problema é máis chamativo ao comparar países: un africano consume casi 400 litros de auga ao mes, o mesmo que un estadounidense ao día.

Na presente edición de 2011, o lema elexido é "Auga para as cidades: respondendo ó desafío urbano". Os seus impulsores queren chamar a atención sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana no abastecemento de auga. Celébranse en todos os países actividades concretas, tratando de pór en práctica as recomendacións da Axenda 21. No noso caso a actividade será co alumnado de 1º ESO, o poróximo venres 25, cunha visita á EDAR do noso concello.

Fagamos un uso responsable da auga!

AFORRO ENERXÉTICO

AFORRO ENERXÉTICO

O prezo da tarifa eléctrica subíu un 10% con respecto ao 2010 e non será a última vez que aumente. Os consumidores poden reducir a súa factura cuns cantos consellos para gastaren menos enerxía. O peto agradecerao, e tamén o medio natural.

En primeiro lugar, débese asumir unha máxima que parece moi obvia pero que non o é: o xeito máis (eco)lóxico de aforrar enerxía é non consumila ou, polo menos, facelo de maneira sensata. Non é estraño ver cuartos coas luces acesas sen ninguén dentro, ou estar en camiseta no inverno ou con xersei no verán polo uso esaxerado da calefacción e do aire acondicionado.

Os electrodomésticos producen o maior gasto nos fogares españois: poden supor ata o 65% da factura eléctrica. Agora ben, non todos gastan igual. Os frigoríficos e conxeladores requiren case o 19% da electricidade consumida, segundo o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Por iso, é recomendable ter un do tamaño apropiado, e coas etiquetas de eficiencia enerxética máis aforradoras, as de tipo A ou superior.

Se un consumidor substitúe un frigorífico de clase C por outra etiquetaxe como A+, o aforro estimado na nova factura eléctrica será de 3,72 euros ao mes (44,64 euros ao ano). No caso dunha lavadora será de dous euros, dun lavalouza de 2,42 euros, e dunha secadora de 4,61 euros.

 Os electrodomésticos máis eficientes son máis caros, pero son un investimento que se amortiza en menos de catro anos. Despois da súa vida media (dez anos), acádase un aforro dun 74,7% do consumo eléctrico total con respecto ao consumo dun electrodoméstico non eficiente.

Chupópteros de enerxía

  • Televisor: Tras o frigorífico, o televisor é o electrodoméstico que máis enerxía consume. Os televisores planos, que cada ano se usan máis, son uns grandes "vampiros enerxéticos": en modo "stand by" "chupan" enerxía as 24 horas do día, aínda que estean apagados, e isto equivale ata o 15% do seu gasto en funcionamento. Por iso, ao igual que para o resto de pequenos e de grandes aparellos electrónicos, cun uso que se triplicou nos fogares nas últimas tres décadas, os consumidores deben seguir os mesmos consellos: elixir os máis eficientes, evitar o stand by ou apagalos se non se van usar.
  • Ordenador: No tocante aos ordenadores, pódese facer un uso máis ecolóxico deles: apagar o monitor se non se vai usar en máis de 20 minutos e todo o PC se é que non se vai empregar máis de dúas horas. As novas tecnoloxías poden axudar a gastar menos electricidade, como os contadores intelixentes, que informan polo miúdo do consumo eléctrico en tempo real.
  • Lavadora: A lavadora é o seguinte na listaxe dos que máis consumen. Entre o 80% e o 90% da electricidade destínana a quentar a auga. Amais de utilizar os modelos máis eficiente, é mellor recorrer aos programas en frío ou de menor temperatura posible, que adoitan ser os máis apropiados para a maioría das coadas. Outros consellos importantes son aproveitar ao máximo a súa capacidade ou, cando menos, usar programas de media carga, centrifugar e secar a roupa ao sol para evitar a secadora, usar descalcificantes e manter limpo o filtro. En caso de ter unha secadora, que sexa tamén das máis eficientes, utilizala só cando non quede outro remedio, aproveitar ao máximo a súa capacidade e cos programas máis axeitados.
  • Lavalouza: O lavalouza é outro electrodoméstico cada vez máis habitual nos fogares españois: unha cuarta parte dispón dun. Aínda que require o 2% do gasto eléctrico, é máis económico que lavar os pratos a man con auga quente, sempre que se sigan os mesmos consellos ca coas lavadoras.
  • Cociña: O cociñado de alimentos tamén leva unha boa parte da enerxía, a xeito de electricidade ou de gas natural (11%). Para reducir o seu consumo, pódese cociñar con recipientes que teñan o fondo maior ca o lume, tapar as potas, utilizar fornos de clase A e abrir a súa porta o xusto preciso, usar a pota exprés, de se usaren placas eléctricas, desconectalas uns minutos antes da cocción, e se a cociña é a gas, reducir o lume ao ferver o alimento.
  •  Pequenos electrodomésticos: Producen calor (o ferro de pasar, a torradora ou o secador do pelo) dan lugar a consumos importantes. Convén reducir no posible o seu uso e aproveitalos ao máximo. No tocante a aparellos como abrelatas, espremedores ou teléfonos, pódense utilizar os manuais sen electricidade para lograr a mesma función. Así e todo, algúns destes aparellos son recomendables. Un microondas aforra tempo e entre un 60% e 70% de enerxía fronte a un forno convencional. E unha maquiniña eléctrica é mellor ca as de usar e guindar no que atinxe ao uso de auga quente e residuos.

Como consumidores podemos  asumir estes consellos para reducir a nosa factura eléctrica e concienciarnos do grave impacto ambiental que ten o gasto de enerxía.

Fagamos un usos responsable!

FONTE: Revista EROSKY CONSUMER

ANABAM: PROXECTO LAURUS (II) 2011

ANABAM: PROXECTO LAURUS (II) 2011

 

A pasado 1 de marzo, ANABAM deu comezo á segunda tempada de censos de niños e polos de gaivota na Guarda, un traballo que se prolongará ata mediados de setembro, cando a totalidade dos polos xa abandonaron, aínda que sexa temporalmente, os seus niños. E dicimos temporalmente, porque segundo as nosas observacións realizadas nestes meses, algúns deles continuarán regresando aos seus lugares de nacemento nos seguintes meses, moi probablemente ata que os seus proxenitores, moitos dos cuales seguen acudindo aos mesmos edificios onde aniñaron, volvan facelo.

COLABORACIÓN

 

     Ao igual que o pasado ano, ANABAM pide a colaboración das persoas que dende as súas vivendas podan observar os niños das gaivotas, informándonos dos mesmos. Tódolos datos que nos poidan aportar serán sempre de grande interese. Estes datos poden ser: data de cando empezaron a facer o niño; en que edificios se sitúa o niño; cantos ovos hai; cantos polos naceros; data de nacemento dos polos; etc.

 

     As persoas que desexen colaborar poden entregar estes datos en ANABAM ou ben informándonos a través do correo electrónico anabam.anabam@terra.es ou telefonicamente: 986 627 255; 986 611 799 ou  616 180 557.

 

ANABAM PIDE A COLABORACIÓN DOS PROPIETARIOS E PERSOAS QUE SUBAN AOS TELLADOS PARA ELIMINAR OS NIÑOS DAS GAIVOTAS

 

     ANABAM agradece aos propietarios, albañiles, etc, que cando suban aos tellados para eliminar os niños das gaivotas, estes os metan nunha caixa e llo entreguen á citada asociación co fin de tomar datos dos mesmos para o estudio que está a realizar. Se non é posible entregar os niños, tamén se agradece comunicación dos mesmos co mesmo obxectivo: coñecer o número de ovos que había e a ubicación dos niños.

 

FONTE: ANABAM

SEGREDOS DO CABALIÑO DO DEMO

SEGREDOS DO CABALIÑO DO DEMO

Ischnura Hastata / Imaxe: flickr.com

Non acada os 3 cm e poucas veces afástase das charcas e lagoas onde habita, pero a Ischnura Hastata, unha variedade de libélula localizada en América, encheu nos últimos meses as páxinas de revistas científicas de todo o mundo.

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, baixo a dirección do profesor Adolfo Cordero Rivera, acaba de indentificarla como a primeira especie de libélula capaz de reproducirse sen necesidade de macho. O fenómeno só se dá no arquipélago das Azores, permanecendo rodeado de enigmas que os expertos afánanse en desvelar.
Cando as femias dunha especie reprodúcense sen necesidade do macho fálasese de partenoxénese. O fenómeno é común entre os insectos e incluso observouse nalgúns vertebrados como as lagartixas. Ata este descubrimento as libélulas figuraban como a única excepción á regra, agora so seu caso toma interés para convertirse nun dos maís complicados. La Ischnura Hastata, distribuída por toda América, amosa unha capacidade partenoxénica nas Azores, pero non no resto do continente ou  nos arquipélagos das Galápagos e no Caribe, onde tamén se localiza.

FONTE: Faro de Vigo.

O MOUCHO: AVE DO 2011

O MOUCHO: AVE DO 2011

Moucho / Imaxe:SEO/BirdLife

A Sociedad Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), unha entidade científica e conservacionista, elixe cada ano unha especie para chamar a atención sobre a situación de determinadas especies de aves que se atopan en perigo. Esta actividade vense realizando dende o ano 1988.

Este ano 2011 a ave elexida é o moucho  (Athene noctua), un pequeño cazador nocturno, que atopa problemas sobre todo no mundo rural.

Esta é a súa clasificación científica:

Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Estrixiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Athene

AVES ACUÁTICAS NO ESTEIRO DO MIÑO

 

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS HUMEDAIS. Foi escollido este día pois un 2 de febreiro de 1971 firmouse o Convenio dobre os Humedais, á beira do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramser.

Nese convenio defínese un humedal como "Extensións de marismas e pantanos, ou superficies cubertas de auga, sexan naturais ou artificiais, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cunha profundidade en marea baixa de sis metros".

Os humedais contribúen a unha grande biodiversidade, e nos temos un moi preto de nós.

Sodes coñecedores da cantidade de aves que atopan refuxio no Esteiro do Miño?

Coñecédelas?

Fostes observalas algunha vez?

É posible que moitos participarades das vistas guiadas por ANABAM (Asosciación Naturalista do Maixo Miño) nas súas saídas ornitolóxicas.

En caso contrario, aquí detes un vídeo onde podedes coñecer algunhas desas aves e as súas características.

Por certo agora podes achegarte ao esterio, observar e participar nun concurso denominado CAMPAÑA DE TURISMO ORNITOLÓXICO NO ESTEIRO DO MIÑO e gañar 100€. Interésache?, pois pincha AQUÍ.

Valoremos o que temos e coidémolo!