Blogia
vgomez

ZONA VERDE

BANDEIRAS AZUIS 2011

BANDEIRAS AZUIS 2011

A presenza dunha Bandeira Azul nunha praia recoñece e estimula o esforzo dalgunhas comunidades locais por conseguir que dita praia cumpra determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridad, así como, que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.

España obtivo 603 bandeiras azuis en 2011 manténdose á cabeza dos 36 países, o que significa que unha de cada seis bandeiras das 3.554 concedidas ondearán en España.

A nosa comunidade, Galicia, obtivo 130 bandeiras, situándose á cabeza de España. Pontevedra obtivo 51 bandeiras. A Guarda mantén as 2 bandeiras do ano pasado: O Muíño e a Area Grande.

Se queres coñecer o listado completo das praias con bandeira azul pincha AQUÍ.

PROXECTO E-GAS

PROXECTO E-GAS

Audi acaba de presentar o proxecto e-gas, unha proposta que interconecta os muiños de vento (aeroxeradores) co coche e a vivenda e permite obter un combustible limpo, xenerado a partir de enerxías renovables. A idea é aproveitar a electricidade producida polos muiños para obter hidróxeno e, con el, metano. Este gas, que é o compoñente maioritario do gas natural, poderá utilizarse para o depósito do vehículo e tamén para a calefacción da casa, con emisións moi inferiores ás da gasolina e o gasóleo.

Este sistema de conexión servirá, tamén, para almacear electricidade, aínda que en forma de gas, que se verterá á rede de suministro e estará dispoñible cando se necesite. Non é tan limpo como a propia electricidade, porque xenera emisións ao empregalo, pero permite recoller os excedentes de enerxía que se xeneran nos momentos de fortes correntes de vento. En Alemaña, a capacidade de almaceamento da rede eléctrica é de só 0,04 TWh (tera vatios hora), pero a do gas ten unha capacidade potencial de ata 217 TWh.

Tras tres anos de investigación, o proxecto e-gas vai camiño de convertirse nunha realidade. O fabricante alemán está contribuíndo á construcción de muínos de vento no Mar do Norte, que é unha das zonas xeográficas con maior producción eólica do mundo. Vanse instalar catro turbinas eólicas, cada unha cunha potencia de 3,6 MW (mega vatios), e estímase que aportarán ao ano 53 GWh (xiga vatios hora), o equivalente ás necesidades enerxéticas dunha cidade media.

Parte da electricidade volcarase directamente á rede e parte utilizarase para producir hidróxeno (H2) mediante electrólise, extraendo e separando o hidróxeno e o osíxeno que forman a auga (H2O).

De la electricidad al hidrógeno 
Outra das ventaxas do proxecto é a súa versatilidade de uso. Nun primeiro paso,  utilizarase o metano para os coches e as vivendas. Aínda que a longo prazo, cando os vehículos eléctricos e de células de combustible se xeneralicen, poderase empregar directamente a electricidade e o hidróxeno nestes modelos. De momento, Audi anunciou que no 2013 empezará a producir en serie modelos que podan funcionar con metano, denominados TCNG (Turbo Compressed Natural Gas).

Del hidrógeno al metano 
O próximo xullo iniciarase en Werlte, Alemaña, a construcción dunha factoría de e-gas que producirá hidróxeno e metano a escala industrial. Estará conectada a outra planta que obtén biogás a partir de resíduos, e que aportará a concentración de CO2 necesaria para xenerar metano a partir de hidróxeno. Así, este CO2 non se emitirá á atmosfera. Este proceso coñécese como reacción Sabatier, e xenera auga como producto residual. O CO2 pode collerse tamén do ambiente, aínda que con maior custe e complexidade técnica.

A planta producirá ao ano 1.000 toneladas métricas de e-gas, para  o que consumirá 2.800 toneladas métricas de CO2. Según os datos preliminares, esta planta podrerá alimentar a 1.000 coches eléctricos que recorrerán 10.000 quilómetros ao ano, e a 1.500 de e-gas que circulen 15.000 quilómetros.  

Aínda que a composición do gas natural varía segundo o país, en España está formado, de media, por un 86% de metano (CH4) e un 12% de etano (C2H6), principalmente. Véndese por quilos e custa hoxe en día 1,013 euros/quilo. En automoción denomínase CNG (Compressed Natural Gas).

O CNG é distinto doutro gas que se usa tamén como combustible para vehículos e é máis popular: o GLP ou gas licuado de petróleo, composto, en promedio, dun 70% de butano (C4H10) e un 30% de propano (C3H8). Esta é a composición, por exemplo, do Autogas que suministra Repsol nas súas estacións de servizo. Véndese por litros e actualmente sae a 0,72 euros/litro.

Estes dous gases ofrecen unhas emisións inferiores ás da gasolina (C8H18) e ao  gasóleo (C12H26), tanto de CO2 como doutros elementos como partículas (PM) e óxidos de nitróxeno (NOx), que empeoran a calidade do aire nas cidades. E son máis limpos porque, como se aprecia nas súas fórmulas químicas, teñen menos cadeas carbónicas.

A grandes rasgos, os coches de gasolina emiten máis CO2 que os de gasóleo, pero bastante menos partículas e NOx.  O GLP produce, aproximadamente, un 10% menos CO2 que o gasóleo, un 68% menos NOx e ata un 99% menos partículas. O CNG é aínda máis limpio, acada case un 20% de reducción de CO2 frente ao gasóleo en prácticamente no bota ao ambiente NOa nin partículas.

Segundo Audi, un A3 alimentado con e-gas tería unhas emisións medias de CO2 inferiores a 30 gramos por quilómetro. E sinalan que estas emisións serían de ciclo completo, é dicir, que estarían incluídas tamén as xeneradas na construcción dos muíños e a planta. Un coche eléctrico alimentado con electricidade procedente dunha fonte renovable emitiría uns catro gramos de CO2 por quilómetro, tamén en ciclo completo.

O proxecto e-gas presentousese en sociedade en Hamburgo, nomeada Capital Verde de 2011, os pasados días 12 e 13 de maio. É unha alternativa prometedora para países que conten cunha ampla rede de xeneradores eólicos, como España.

A ratio de eficiencia actual é do 54%, aínda que o obxectivo é acadar o 60%, entre outras cousas, aproveitando a calor disipada en cada un dos procesos.

FONTE: El País

 

OTANTHUS MARÍTIMUS

OTANTHUS MARÍTIMUS

Fermoso exemplar de Otanthus maritimum na praia de Camposancos / Imaxe: ANABAM

Otanthus marítimus é o nome científico da carrasca de San Xoan ou algodonosa, unha planta pertencente á categoría de plantas de dunas e areais.

É unha planta perenne provista de numerosos talos subterráneos horizontais dos que xurden talos verticais de ata 50 cm de altura e cunha cor blanqueciña ao estar cubertos os seus talos e follas dun denso tomento aterciopelado. Talos ascendentes e leñosos na base. As follas son alternas, enteiras ou crenuladas, sésiles e cun limbo oblongo a oblongo-lanceolado de 5 a 17 mm. Flores hermafroditas, dispostas en capítulos globosos de 8 a 10 mm de ancho e rodeados de numerosas brácteas involucrais de 4-5 mm, as externas lanosas e as interiores glabras, pero co ápice lanoso. Corola tubular, amarela, de ata 4 mm de lonxitude e tubo de ata 2,5 mm. Cinco estames de anteras connadas que forman un tubo rodeando o estilo. O ovario é ínfero, unilocular e ten un só primordio seminal; estilo único con dous estigmas. O froito é un aquenio ovoide de ata 4 mm, curvado e glanduloso na base. Florece de xuño a setembro.

A asociación ANABAM iniciou no no 2001 na praia de Camposancos o PROXECTO OTANTHUS coa finalidade de recuperar esta planta. Tras varios intentos por recuperala, con plantación de milleiros de sementes, ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos exemplares dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003, un ano despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente. Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie.

O P.E.S. (Plan Especial de Seguemento) deste ano, que leva a cabo esta asociación, co censo  de Otanthus maritimus, deu como resultado a existencia de 19 pes, repartidos do seguinte xeito: 13 exemplares na praia do Puntal e 6 na do Forte. Isto supón un descenso do 27 % de exemplares con respecto ao último censo, efectuado no pasado mes de setembro, polo que nos acercamos á cifra crítica que había ata o ano 2001, que era duns 12 exemplares.

Lembremos que no ano 2009 había preto de medio cento, polo que en dous anos produciuse un notable descenso. As causas foron principalmente naturais, sobre todo debido ás enchentas do río que afectaron moi negativamente á superficie da praia de Campoancos.

Todos podemos colaborar: Dado no lugar que se atopan, na desembocadura do Miño, cando vaiamos á praia non os estraguemos, evitando pisotealos. 

FONTE: Anabam e Asrurnatura

HUMAN PLANET

HUMAN PLANET

Human Planet / Imaxe: oscarvegafotografia.wordpress.com

Human planet é unha nova experiencia cinematográfica producida pola BBC e Discovery Channel, filmada en máis de 80 lugares diferentes do mundo. Unha serie que amosa como o ser humano sobrevive nos lugares máis inhóspitos do planeta, montañas, desertos, selvas e como ten que convivir cos animais para sobrevivir.

Unha viaxe apasionante na natureza, un deses documentais que che fan olvidar por uns intres a vida rutinaria e os problemas diarios, atopando a tranquilidade e o relax absoluto nalgún dos lugares máis fermosos da Terra.

Se queres ver o trailer pincha AQUÍ. Na rede tedes a posibilidade de velos 8 capítulos de que consta a serie.

Son unhas imaxes fantásticas!

 

FOCHA MORUNA

FOCHA MORUNA

 Focha moruna / Imaxe:avesgranatenses.blogspot.com

 

A recuperación ambiental do Parque Nacional Tablas de Daimiel, situado en Ciudad Real, fixo posible o regreso da focha moruna (fulica cristata), unha das aves máis ameazadas da península, catalogada en perigo crítico de extinción e da que apenas hai 96 parellas reproductoras en España.

A focha moruna, ou tamén chamada focha cornuda ou gallareta cornuda, é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae. É de cor negro, peteiro celeste branco e patas azuladas.

A pesar da melloría que sufríu a poboación da focha moruna, esta especie segue estando en grave perigo de extinción debido, fundamentalmente, á perda e degradación dos seus hábitats é á caza por confusión coa especie cinexética focha común (fulica atra). A focha moruna pódese distinguir pese ao seu aspecto similar á focha común por lucir na parte superior do escudete frontal un par de protuberancias vermellas, especialmente grandes e chamativas durante o seu periodo nupcial.

A súa clasificación científica é:

REINO: Animal

FILO: Cordados

CLASE: Aves

ORDE: Gruiformes

FAMILIA: Rallidae

XENERO: Fulica

ESPECIE: Fúlica cristata

O BURACO DE OZONO E O CLIMA NO HEMISFERIO SUR

O BURACO DE OZONO E O CLIMA NO HEMISFERIO SUR

O maior buraco de ozono sobre a Antártica detectado ata agora, o 24 de setembro de 2006 / NASA

 

Unha nova investigación, de científicos canadienses e estadounidenses, indica que a abundancia de veráns tropicais especialmente chuviosos nas últimas décadas  débese ao adelgazamento da capa de ozono, ademais do aumento dos gases de efecto invernadoiro. O chamado buraco de ozono , que se produce anualmente sobre a Antártida, é a manifestación máis espectacular deste adelgazamento, que está afectando a toda a circulación atmosférica no hemisferio Sur.

Xa se sabía que o buraco de ozono cambia o fluxo atmosférico en latitudes altas, pero agora demóstrase que chega a aumentar as precipitacións nas zonas subtropicais.

A capa de ozono, situada na estratosfera terrestre (encima da troposfera, a capa que empeza na superficie terrestre), absorbe a maior parte dos raios ultravioleta solares. O uso dos clorofluorocarbonos, compostos artificiais, provocou o seu paso á atmosfera, onde xa destruíron gran parte da capa de ozono. Esta destrucción, especialmente importante sobre a Antártida, foi descuberta nos anos oitenta e tomáronse medidas, encadradas no Protocolo de Montreal para deixar de usar os compostos destructores. A capa de ozono xa empezou a recuperarse, aínda que lentamente, e espérase que se volva á situación de equilibrio a mediados deste século.

Sen embargo, se parte das manifestacións incipientes dun cambio global observadas ata agora débense a este problema, esto confirma que o ser humano pode introducir cambios no clima, engadindo un novo grao de incertidume ao futuro climático da Terra.

Os científicos queren agora estudiar  os fenómenos extremos de precipitacións, asociados a corrementos de terras e inundacións, para intentar saber como a desaparición do buraco de ozono vailles influír.

FONTE: El País

ESPAÑA RECICLA POUCO

ESPAÑA RECICLA POUCO

Cada cousa no seu sitio / Imaxe:fserrano72.blogspot.es

Cada europeo xera 513 quilos de lixo ao ano e só se recicla o 24%. Estes datos saen dun recente informe da Oficina de Información Estatistica da Unión Europea (EUROSTAT) que non deixa en bo lugar a España: a reciclaxe non pasa do 15% e o vertedoiro, a opción menos ecolóxica, chega ao 52% fronte ao 38% da media europea. O estudo reflicte grandes diferencias entre os 27 Estados membros (UE-27). Mentres Alemaña recicla o 48% dos 587 quilos de lixo por persoa e ano, os chipriotas xeran 778 quilos e mandan o 86% ao vertedoiro. No lado favorable, España rexistra boas cifras na reutilización de resíduos orgánicos mediante a compostaxe: un 24% fronte ao 18% da media europea, superado só por Austria (40%), Italia (32%) e Holanda (28%). Estes datos correspondena 2009.

As institucións comunitarias son cada vez máis esixentes para convertir a Europa nunha sociedade da reciclaxe, pero recoñecen que aínda queda moito traballo que facer.

Sexamos responsables. Cada cousa no seu sitio. Recicla!

MORCEGOS

MORCEGOS

Morcego / Imaxe:jamesnava.com

Este ano celébrase o Ano Internacional dos Morcegos, auspiciado polas Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), a Convención sobre a conservación das especies migratorias de animais silvestres (CMS) e o Secretariado do Acordo para a conservación das pobloacións de morcegos europeas (EUROBATS).

Con esta iniciativa preténdese concienciar á sociedade sobre a importancia dos morcegos nos ecosistemas terrestres e os seus beneficios a prol da agricultura, eliminando enormes cantidades de insectos prexudiciais para as colleitas

Os morcegos ou quirópteros constitúen un dos grupos de mamíferos con maior número de representantes no noso planeta. Cerca de mil especies de morcegos colonizaron illas e desertos, selvas e cidades, campos e montañas. Excepto nasnlas rexións polares e unhas cantas illas oceánicas, hai morcegos en todo o mundo. Eso si, este mamífero voador sempre estivo rodeado de misterio.

Coñezamos un chisco mellor este enigmático animal: o morcego.