Blogia
vgomez

ZONA VERDE

ECO-CINE

 

 

Os amantes da natureza, que non temos TV de pago, recurrimos a TVE2 para ver eses documentais tan bos. Pero non é a única alternativa, pois están as películas de cine. A destrucción da natureza e a necesidade de preservala, os desastres naturais, a vida dos pobos e a súa contorna, a extinción animal ou o perigo nuclear son algúns temas presentes en moitas desas películas.

A web Cine e medio ambiente dá un bo repaso a grandes películas sobre este tema. O seu responsable, Enrique Martínez-Salanova, sinala que o cine pode poñer en contacto ao home coa natureza e ser un militante activo na defensa do medio ambiente.

Da listaxe que a citada web propón, anímovos a ver "BARAKA" (O último paraíso). Película documental do ano 1992, do director Fricke e o productor Magidson, foi filmada en 24 países e ten unha duración de 96 minutos. Carente de palabras e cunha línea temporal fragmentada, ’"Baraka" é un filme que narra a impresionante historia da tumultuosa interacción entre a Terra e o home; evitando las palabras, excitando a vista, o oído e a imaxinación cun barrido de imaxes e sons. A música, do compositor Michael Stearns contribúen a aumentar a intensidade con que se perciben aas imágenes.

Espero que sexa interesante e non dubidedes en consultar a web citada anteriormente.

IMOS Á PRAIA DE XEITO ECOLÓXICO

IMOS Á PRAIA DE XEITO ECOLÓXICO

 O comportamento ecolóxico e cívico pódese levar a tódalas partes, e a praia non é unha excepción. As sinalizacións e as zonas acoutadas como sensibles débense respectar. Na maioría das praias, os animais de compañía están prohibidos para evitar que os seus excrementos acaben na area. As duchas non están para desbaldir a auga, un ben cada vez máis escaso, senón para se dar unha mollada rápida e quitar a salitre da auga do mar. E, por suposto, non se deben usar xabóns ou xampús, que van directos á praia e causan un forte impacto. A contaminación acústica debida á música con excesivos decibelios ou aos berros da xente tamén contribúe a romper o equilibrio natural e a tranquilidade dos outros usuarios.

As praias contan co seu propio ecosistema e hai que tratar todos os seus elementos con coidado. As dunas protexen as praias da erosión, das treboadas e das ondas, e son o fogar de diversas especies de plantas e animais. Algúns destes seres están en perigo, como as corais, e por iso non hai que caer na tentación de tocalos, movelos ou levalos de recordo, e moito menos se son especies en perigo de extinción.

Por outro lado, son moitas as persoas que aproveitan os meses de verán para realizar actividades ao aire libre que teñen como escenario a praia e como protagonista o barco de vela ou remo, as canoas e as táboas de surf, preferibles todas elas ás embarcacións de motor ou ás ruidosas motos acuáticas. Para rematar, o día de praia non remata ao limparmos a area coa toalla, mudar a roupa e arredármonos da praia. A xornada esténdese ata que chegamos ao lugar de residencia, xa sexa un apartamento, un hotel ou o noso propio lar, onde os consellos para aforrar enerxía ou auga tamén se deben aplicar. Nos hoteis non hai por que utilizar todas as xabóns todos os días, nin malgastar a auga con longos baños en nome do "todo incluído". No intre de planificarmos as vacacións tamén se pode ter en conta a contratación de hoteis ecolóxicos, aqueles que teñen especial coidado co medio.

FONTE: Revista Eroski Consumer. Xullo 2011.

XX CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

XX CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

 

Mañá, domingo, 17 de xullo, na praia do Muíño, celebrarase o XX Concurso de Figuras de Area, organizado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, contando coa colaboración de Anabam e Érguete Baixo Miño. Esta actividade terá o seguinte programa:

 De 11:00 - 12:00: Inscripcións por categorias:

    Categoría  vermella (3-5 anos)       

    Categoría gris (6-9 anos)

    Categoría amarela (10-12 anos)

    Categoría azul (13-16 anos)

    Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area

Ás 13:00: Entrega de agasallos a tódolos participantes

Ás13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Por que non participas?

FONTE: www.galiciasuroeste.info

NOVA LEI DE RESIDUOS

NOVA LEI DE RESIDUOS

Botellas / Imaxe:www.laregion.net

O Congreso dos Deputados está a punto de aprobar a nova Lei de Residuos. Unha das principais novidades da norma é a posibilidade de que se poda poñer en marcha un sistema de depósito de envases, como o que funcionaba coas botellas retornables nos anos 80: págase unha fianza ao mercar un envase e o establecemento devólveche os cartos se llo entregas baleiro. Eso si, para poder facelo teríase que demostrar a viabilidade económica do sistema.

Trala súa recente aprobación no Senado, o representante do Ministerio confía en que a nova lei estará aprobada polo Congreso dos Deputados antes de agosto. Segundo o mesmo, os obxectivos son a prevención e invertir a tendencia actual de aumento na xeneración de residuos e, tamén, evitar que unha porcentaxe aínda elevada de residuos vaia ao vertedeiro.

A aprobación da lei non quere dicir que se poñe en marcha de forma inmediata o sistema de depósito de envases. Sen embargo, que o texto contemple a posibilidade de instauralo (en caso de que se demostre a "viabilidade técnica, ambiental e económica para España") xa xerou un encendido debate entre consumidores, comerciantes, administracións e xestores de residuos.

Estarías disposto a pagar 25 céntimos de euro (que logo che devolverán) por cada botella ou lata para garantir o seu reciclado?

En España, cada ano xéranse 556 quilogramos de residuos domésticos por habitante, fronte á media europea de 508. En materia de reciclado, España recicla unha media de 86 quilogramos por habitante e ano, mentres que a media da UE é de 119 quilogramos.

O debate está servido!

FONTE: El Mundo

BANDEIRAS NEGRAS 2011

BANDEIRAS NEGRAS 2011

Bandeira negra/ Imaxe:canariasaldia.com


Se hai uns días falabamos das bandeiras azuis, dun xeitos sostible e de ledicia, hoxe toca todo o contrario: BANDEIRAS NEGRAS.

Cada ano, e dende 1999, Ecoloxistas en Acción  pública as “Bandeiras Negras".  Este ano baixo o lema "Bandeiras negras 2011: esto é unha barbaridade" o documento pretende informar á cidadanía do estado da costa de España, denunciar as actuacións máis daninas nela, requerir ás Administracións para que exerzan as súas competencias en aras da protección do litoral e o cumprimiento das leis, e propoñer alternativas ao uso e disfrute da costa e á súa xestión.

Se hai días presumíamos de que Galicia estaba a cabeza das bandeiras azuis, agora ao revés: Galicia á a comunidade con máis zonas negras na costa “por degradación ambiental, contaminación ou impactos negativos para o ecosistema”. Das 311 bandeiras adxudicadas no informe ecoloxista, 41 sitúanse en Galicia e 51 en Andalucía, mentras que dos 392 puntos negros: 63 están no litoral andaluz e 120 no galego.

Se no informe das bandeiras azuis temos na Guarda 2 (Muíño e Area Grande), no das bandeiras negras temos 1: Canle do Ferry Internacional (A Guarda-Caminha).

Se queres coñecer polo miúdo este informe, pincha AQUÍ.

Queda moito por facer!

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, EN VERÁN MEDRO

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, EN VERÁN MEDRO

 

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES, EN VERÁN MEDRO. Baixo este lema, mañá martes, Día 28 de xuño, o Baixo Miño celebra encontros e coloquios para a reflexión sobre as paisaxes fluviais e forestais, o seu presente e futuro.

É unha oportunidade para realizar unha viaxe virtual a través das paisaxes pasadas e presentes do Baixo Miño e para imaxinar o seu futuro.

As actividades deste evento celebraranse no porto de a Guarda, co seguinte horario:

- Dende as 10:00 h: Exposición A paisaxe do Baixo Miño forma parte de ti e cambia contigo.

- Ás 12:00 e ás 19:15: Pasarúas.

- De 18:00 a 19:30: Presentación, ponencias e coloquio.

- De 20:00 a 21:30: Mesa redonda aberta e conclusión da xornada.

VEN E CÓNTANOS!

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

Este ano o lema elexido polas Nacións Unidas é "Bosques: Naturaza ao teu servizo".

No noso Centro, as actividades deste día celebraranse o próximo venres, día 10.

QUENTAMENTO DAS AUGAS DA ANTARTIDA

QUENTAMENTO DAS AUGAS DA ANTARTIDA

Rompexeoa Polarstern / Imaxe:Frank Rödel (AWI)

As augas profundas no mar de Weddell, na Antátida, estanse quentando, segundo indican as medidas que acaban de tomar os científicos da campaña científica realizada alí a bordo do buque rompexeos oceanográfico alemán Polarstern (Estrela polar. Construído no 1981).

Ao considerar os datos de campañas anteriores, resalta que nos últimos 26 años rexistrouse un quentamento medio en toda a columna de agua no mar de Weddell de seis centésimas de grao. Aínda que pode parecer un aumento de temperatura pequeno, ao extenderse ata augas moi profundas, supón un volume considerable de calor acumulado no océano.

Segundo o Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático (IPCC), das Nacións Unidas, máis do 80% da calor adicional absorbida pola Terra ata agora debido ao aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro está acumulado na capa superior do océano, ata unha profundidade de 1.500 metros, agora podese demostrar que no océano profundo, un volume enorme de auga, tamén está implicado neste proceso.

FONTE: El País