BANDEIRAS NEGRAS 2011
Bandeira negra/ Imaxe:canariasaldia.com
Se hai uns días falabamos das bandeiras azuis, dun xeitos sostible e de ledicia, hoxe toca todo o contrario: BANDEIRAS NEGRAS.
Cada ano, e dende 1999, Ecoloxistas en Acción pública as “Bandeiras Negras". Este ano baixo o lema "Bandeiras negras 2011: esto é unha barbaridade" o documento pretende informar á cidadanía do estado da costa de España, denunciar as actuacións máis daninas nela, requerir ás Administracións para que exerzan as súas competencias en aras da protección do litoral e o cumprimiento das leis, e propoñer alternativas ao uso e disfrute da costa e á súa xestión.
Se hai días presumíamos de que Galicia estaba a cabeza das bandeiras azuis, agora ao revés: Galicia á a comunidade con máis zonas negras na costa “por degradación ambiental, contaminación ou impactos negativos para o ecosistema”. Das 311 bandeiras adxudicadas no informe ecoloxista, 41 sitúanse en Galicia e 51 en Andalucía, mentras que dos 392 puntos negros: 63 están no litoral andaluz e 120 no galego.
Se no informe das bandeiras azuis temos na Guarda 2 (Muíño e Area Grande), no das bandeiras negras temos 1: Canle do Ferry Internacional (A Guarda-Caminha).
Se queres coñecer polo miúdo este informe, pincha AQUÍ.
Queda moito por facer!
0 comentarios