Blogia
vgomez

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA V

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Continuo co apartado das aves, que supón a metade desas especies en perigo de extinción.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) / Mar Cabrera/Wikimedia Commons e Mazarico real (Numenius arquata) / MPF/Wikimedia Commons

9. Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus)

O furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) é unha especie endémica das illas Baleares, onde hai arredor de 2.000 parellas. En verán e outono son moitos os exemplares que migran fronte ás costas galegas, onde permanecen continuamente no mar, onde se alimentan de peixes e descansan. A súa principal ameaza é a predación de ratas e gatos durante a súa época de cría, así como a presión turística nos seus hábitats. En Galicia achéganse varios centos de exemplares, tamén afectados pola morte accidental en artes de pesca e pola contaminación mariña.

10. Mazarico real (Poboación nidificante) (Numenius arquata)

Galicia conta coa única poboación reprodutora actual da península de mazarico real (Numenius arquata). Son menos de cinco parellas que ocupan pasteiros de sega e matogueiras na Terra Chá entre os meses de febreiro e xullo. A súa principal ameaza, como na meirande parte das especies, é a destrución dos seus hábitats.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

0 comentarios