Blogia
vgomez

2 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

2 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

Cartel do Día Mundial dos Humedais 2014 / Imaxe: ignuscommunity.com

Como cada ano, hoxe 2 de febreiro, conmemórase o Día Mundial dos Humedais, onde se recorda a data na que se creou a Convención Ramsar (1971), un tratado intergobernamental que serve de marco para as accións en favor da conservación e do uso racional dos humedais mediante accións locais, rexionais e nacionais, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible  en todo o mundo.

 

O tratado, negociado nos anos 60 por países e organizacións non gobernamentais que se preocupaban pola crecente perda e degradación dos humedais, hábitats principais das aves acuáticas migratorias, asinouse na cidade iraní de Ramsar en 1971 e entrou en vigor en 1975. Trátase do único tratado global relativo ao medio ambiente que se ocupa dun tipo de ecosistema particular.

 

Actualmente o listado Ramsar inclúe mais de 1700 humedais de todas as rexións do mundo. Trátase dunha lista de prestixio xa que integra as zonas húmidas mais importantes do mundo dende o punto de vista do seu interese ambiental e para a conservación da biodiversidade.

 

España ratificou o Convenio en 1982 incluíndo no listado dúas zonas húmidas: Doñana e as Tablas de Daimiel. Actualmente 5 dos humedais mais destacados de Galicia forman parte deste listado:

 Ría de Ortigueira e Ladrido

Complexo das praias, dunas e lagunas de Corrubedo

Lagoa e areal de Valdoviño

Complexo intermareal Umia-Grove, a Lanzada. Punta Carreirón e lagoa Bodeira

Ría do Eo

 

O 2014 é o Ano Internacional da Agricultura Familiar, polo que Ramsar elexiu os humedais e a agricultura como tema para celebrar o Día Mundial dos Humedais co lema “Humedais e Agricultura: Xuntos a prol do Crecemento”, faise fincapé na necesidade de que os sectores dos humedais e a agricultura traballen xuntos para lograr mellores resultados comúns, entendendo que éstos xogan un papel fundamental de apoio á agricultura, con prácticas agrículas exitosas que sustentan uns humedais sanos.

 

FONTE: Ceida.org

0 comentarios