PROXECTO E-GAS
Audi acaba de presentar o proxecto e-gas, unha proposta que interconecta os muiños de vento (aeroxeradores) co coche e a vivenda e permite obter un combustible limpo, xenerado a partir de enerxías renovables. A idea é aproveitar a electricidade producida polos muiños para obter hidróxeno e, con el, metano. Este gas, que é o compoñente maioritario do gas natural, poderá utilizarse para o depósito do vehículo e tamén para a calefacción da casa, con emisións moi inferiores ás da gasolina e o gasóleo.
Este sistema de conexión servirá, tamén, para almacear electricidade, aínda que en forma de gas, que se verterá á rede de suministro e estará dispoñible cando se necesite. Non é tan limpo como a propia electricidade, porque xenera emisións ao empregalo, pero permite recoller os excedentes de enerxía que se xeneran nos momentos de fortes correntes de vento. En Alemaña, a capacidade de almaceamento da rede eléctrica é de só 0,04 TWh (tera vatios hora), pero a do gas ten unha capacidade potencial de ata 217 TWh.
Tras tres anos de investigación, o proxecto e-gas vai camiño de convertirse nunha realidade. O fabricante alemán está contribuíndo á construcción de muínos de vento no Mar do Norte, que é unha das zonas xeográficas con maior producción eólica do mundo. Vanse instalar catro turbinas eólicas, cada unha cunha potencia de 3,6 MW (mega vatios), e estímase que aportarán ao ano 53 GWh (xiga vatios hora), o equivalente ás necesidades enerxéticas dunha cidade media.
Parte da electricidade volcarase directamente á rede e parte utilizarase para producir hidróxeno (H2) mediante electrólise, extraendo e separando o hidróxeno e o osíxeno que forman a auga (H2O).
Outra das ventaxas do proxecto é a súa versatilidade de uso. Nun primeiro paso, utilizarase o metano para os coches e as vivendas. Aínda que a longo prazo, cando os vehículos eléctricos e de células de combustible se xeneralicen, poderase empregar directamente a electricidade e o hidróxeno nestes modelos. De momento, Audi anunciou que no 2013 empezará a producir en serie modelos que podan funcionar con metano, denominados TCNG (Turbo Compressed Natural Gas).
O próximo xullo iniciarase en Werlte, Alemaña, a construcción dunha factoría de e-gas que producirá hidróxeno e metano a escala industrial. Estará conectada a outra planta que obtén biogás a partir de resíduos, e que aportará a concentración de CO2 necesaria para xenerar metano a partir de hidróxeno. Así, este CO2 non se emitirá á atmosfera. Este proceso coñécese como reacción Sabatier, e xenera auga como producto residual. O CO2 pode collerse tamén do ambiente, aínda que con maior custe e complexidade técnica.
A planta producirá ao ano 1.000 toneladas métricas de e-gas, para o que consumirá 2.800 toneladas métricas de CO2. Según os datos preliminares, esta planta podrerá alimentar a 1.000 coches eléctricos que recorrerán 10.000 quilómetros ao ano, e a 1.500 de e-gas que circulen 15.000 quilómetros.
Aínda que a composición do gas natural varía segundo o país, en España está formado, de media, por un 86% de metano (CH4) e un 12% de etano (C2H6), principalmente. Véndese por quilos e custa hoxe en día 1,013 euros/quilo. En automoción denomínase CNG (Compressed Natural Gas).
O CNG é distinto doutro gas que se usa tamén como combustible para vehículos e é máis popular: o GLP ou gas licuado de petróleo, composto, en promedio, dun 70% de butano (C4H10) e un 30% de propano (C3H8). Esta é a composición, por exemplo, do Autogas que suministra Repsol nas súas estacións de servizo. Véndese por litros e actualmente sae a 0,72 euros/litro.
Estes dous gases ofrecen unhas emisións inferiores ás da gasolina (C8H18) e ao gasóleo (C12H26), tanto de CO2 como doutros elementos como partículas (PM) e óxidos de nitróxeno (NOx), que empeoran a calidade do aire nas cidades. E son máis limpos porque, como se aprecia nas súas fórmulas químicas, teñen menos cadeas carbónicas.
A grandes rasgos, os coches de gasolina emiten máis CO2 que os de gasóleo, pero bastante menos partículas e NOx. O GLP produce, aproximadamente, un 10% menos CO2 que o gasóleo, un 68% menos NOx e ata un 99% menos partículas. O CNG é aínda máis limpio, acada case un 20% de reducción de CO2 frente ao gasóleo en prácticamente no bota ao ambiente NOa nin partículas.
Segundo Audi, un A3 alimentado con e-gas tería unhas emisións medias de CO2 inferiores a 30 gramos por quilómetro. E sinalan que estas emisións serían de ciclo completo, é dicir, que estarían incluídas tamén as xeneradas na construcción dos muíños e a planta. Un coche eléctrico alimentado con electricidade procedente dunha fonte renovable emitiría uns catro gramos de CO2 por quilómetro, tamén en ciclo completo.
O proxecto e-gas presentousese en sociedade en Hamburgo, nomeada Capital Verde de 2011, os pasados días 12 e 13 de maio. É unha alternativa prometedora para países que conten cunha ampla rede de xeneradores eólicos, como España.
A ratio de eficiencia actual é do 54%, aínda que o obxectivo é acadar o 60%, entre outras cousas, aproveitando a calor disipada en cada un dos procesos.
FONTE: El País
0 comentarios