Blogia
vgomez

ZONA VERDE

O DIÓXIDO DE CARBONO

O DIÓXIDO DE CARBONO

O dióxido de carbono (CO2) é, sen dúbida o gas máis nomeado neste século XXI, e non precisamente para ben. Esta molécula presente na respiración dos seres vivos na Terra, convertíuse no principal inimigo público das últimas décadas. A razón está na capacidade de absorber e reter a calor na atmosfera, ao igual que o fan o resto dos chamados gases de efecto invernadoiro: metano (CH4), óxido nitroso (N20), perfluorocarbonos (PFC), hidrofluorocarbonos (HFC) e hexafluoro de sulfuro (SF6). Todos eles potencian o efecto invernadoiro natural e son os culpables do quentamento global.

Pero, ¿canto aportamos nós de CO2 na vida diaria? Para obter resposta, no seguinte enlace tes unha calculadora, na que constestando a un sinxelo cuestionario, darache ese dato: A PEGADA DO CARBONO.

Gráficos | elmundo.es



CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA

CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA

A organización ecoloxista Greenpeace presentou onte en Madrid, PHOTOCLIMA: un libro con fotografías de Pedro Armestre e Mario Gómez. A obra acompáñase de textos de autores diversos: desde o escritor José Saramago ata a primatóloga Jane Godall.

O libro aborda situacións concretas como a que aperece na imaxe superior : o potencial secamento do Ebro ao seu paso por Zaragoza.

Se queres coñecer polo miúdo PHOTOCLIMA pincha en:

20071108elpepusoc_1_Pes_PDF.pdf (application/pdf Objeto)

RECOLLIDA DE FAUNA SILVESTRE POR ANABAM

RECOLLIDA DE FAUNA SILVESTRE POR ANABAM
ANABAM ( Asociación Naturalista do Naixo Miño) leva recollido últimamente moitos exemplares mortos de aves aparecidos es distintos puntos da costa e na zona do río Miño. Estes datos e comentarios aparecen publicados na súa páxina, que  aparece como ENLACE neste blog e que volvo a indicar para pinchar e coñecer mellor:
RECOLLIDA DE FAUNA SILVESTRE
 

RAS E CAMBIO CLIMÁTICO

RAS E CAMBIO CLIMÁTICO
RA ARLEQUÍN
Este é un dos temas a tratar na Semana da Ciencia a celebrar entre o 5 e 18 deste mes de novembro en Barcelona.
Precisamente a REVISTA NATURA, publicaba un artígo, con data 11 de marzo de 2006, onde xa advertía que: "Morren os anfibios. Máis de 120 especies destes vertebrados desapareceron nos 25 últimos anos, segundo a IUCN".
"As ras arlequín é un dos xéneros que máis minguou na súa diversidade natural. O número destas pequenas ras tropicais decreceron un 70% na década dos 80".
Se queres coñcer esta artígo en profundidade pincha en:
- EL MUNDO | Suplemento natura 1 - La rana arlequín

ESPAÑA DÁ UN PASO CARA A KIOTO

ESPAÑA DÁ UN PASO CARA A KIOTO

O Goberno de España da luz verde á estratexia para cumprir o Protocolo de Kioto para 2020. Na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa 2007-2012-2020 figura o marco no que se pretende cumprir co Protocolo de Kioto e avanza na diminución das emisións que provocan o cambio climático. Na citada estratexia recóllense 198 medidas e destínase 2.500 millónse de euros.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

Luz verde a la estrategia para cumplir el Protocolo de Kioto para 2020 | elmundo.es

 


CAMBIO CLIMÁTICO

CAMBIO CLIMÁTICO
Tormenta (Copyright Baltona® 2005)

Grandes sequías en África, desaparicións de especies, enchentas en Centroeuropa e Ásia, furacáns no Caribe, tifóns den Ásia, diminución da neve nos Alpes, fusión do xeo no Himalaya e os polos... dende hai anos, os científicos ven un claro culpable detrás da boa parte dos males que asolan o noso planeta: O HOME.
A actividade humana esta xenerando ano a ano un incremento das emisións de gases efecto invernadoiro, que provocan o progresivo e impareble aumento das temperaturas do planeta. Intentar mitigar os seus efectos está nas nosas mans, máis aínda queda moito que facer, e os efectos do quentamento global son xa inequívocos e imaparables.

Para coñecer moito mellor o problema do cambio climático pinha neste páxina:

SOS: cambio climático | elmundo.es


BOLBORETAS III

BOLBORETAS III
Macaón. LAURA LAGO FERNÁNDEZ

¿QUE ENTENDEMOS POR DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?

¿QUE ENTENDEMOS POR DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?
A expresión desenvolvemento sostible fíxose cada vez máis popular desde que foi adopatada como proposta de futuro no Cumio de Río de Xaneiro (1992), converténdose ela mesma ou as simples palabras "sostible" ou "sostibilidade", progresivamente, nun novo talismán que cada vez usan máis persoas ou grupos e nunha apostila insdispensable como aval de numerosos proxectos e realizacións.
 
Imos pois tratar de clarificar este concepto, procurando unha definición.
 
A Comisión Brundtland (creda pola ONU en 1987 e dirixida polo sueco Gro Harlem Brundtland) define o desenvolvemento sostible como aquel "que satisfai as necesidades da xeración presente, sen compremeter a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades". Esta definición parece encerrar ou conter dous conceptos fundamentais: o de necesidades e o de limitacións.
 
1. O de necesidades. Atendendo á definición, evolucionar cara a un desenvolvemento sostible debería supoñer intentar satisfacer as necesidades de todos e, polo tanto, en particular as necesidades esenciais dos que non as teñen. A cobertura de necesidades que poida esterder e incrementar o benestar a todos os habitantes do planeta parece levar consigo a aceptación dalgúns principios:
 
* O principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, que implica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insostible nas sociedades avanzadas, e a evolución xeneralizada cara a modelos e políticas de auténtico desenvolvemento que busquen fransformar en exclusivo benestar material en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éticas, culturais e espirituais.
 
* Principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benestar e desenvolvemento os que agora non o teñen.
 
2. E o de limitacións. A satisfacción de necesidades para as xeracións actuais e futuras está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera, límites establecidos polos recursos naturais existentes e, dunha forma máis importante, pola capacidade de asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría e os mías importantes problemas ambientais coñecidos.
 
En definitiva, o termo desenvolvemento sostible paracer ter o acerto de esbozar unha determinada filosofía e unhas determinadas pautas de actuación, que finalmente enmarcan dentro dos seguintes trazos, que en realidade se poderína construír ou entender como características propias das sostibilidade:
- Sostibilidade ecolóxica: require que o desenvolvemento sexa compatible co mantemento dos procesos ecolóxicos, a diversidade biolóxica e os recursos naturais, mantendo as características dos ecosistemas e a súa duración a longo prazo.
- Sostibilidade económica: que o desenvolvemento sexa económicamente eficiente e equitativo entre as xeracións e dentro delas. Por un lado, xestionando adecuadamente os recursos naturais e por outro tratando de logarar o suficiente benestar para os habitantes do planeta, o que implica a necesaria solidaridade intra e interxeracional.
- Sostibilidade social: que require un desenvolvemento que aumente o control das persoas e grupos sociais sobre as súas propias vidas, o cal facilitará a existencia de sociedades unidas e estables capaces de posibilitar a solidaridade internacional e a participación na resolución global dos problemas planetarios.
 
De forma que un auténtico desenvolvemento sostible debe pretender a intersección destes tres elementos, buscando que os obxectivos de xestión que se formules e as accións que se emprendan trataen de ser, de maneira simultánea, ecolóxica e economicamente viables e desexables desde o punto de vista social.