Blogia
vgomez

¿QUE ENTENDEMOS POR DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?

¿QUE ENTENDEMOS POR DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE?
A expresión desenvolvemento sostible fíxose cada vez máis popular desde que foi adopatada como proposta de futuro no Cumio de Río de Xaneiro (1992), converténdose ela mesma ou as simples palabras "sostible" ou "sostibilidade", progresivamente, nun novo talismán que cada vez usan máis persoas ou grupos e nunha apostila insdispensable como aval de numerosos proxectos e realizacións.
 
Imos pois tratar de clarificar este concepto, procurando unha definición.
 
A Comisión Brundtland (creda pola ONU en 1987 e dirixida polo sueco Gro Harlem Brundtland) define o desenvolvemento sostible como aquel "que satisfai as necesidades da xeración presente, sen compremeter a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades". Esta definición parece encerrar ou conter dous conceptos fundamentais: o de necesidades e o de limitacións.
 
1. O de necesidades. Atendendo á definición, evolucionar cara a un desenvolvemento sostible debería supoñer intentar satisfacer as necesidades de todos e, polo tanto, en particular as necesidades esenciais dos que non as teñen. A cobertura de necesidades que poida esterder e incrementar o benestar a todos os habitantes do planeta parece levar consigo a aceptación dalgúns principios:
 
* O principio de responsabilidade e racionalidade no consumo de recursos, que implica a conseguinte modificación de hábitos de consumo absolutamente insostible nas sociedades avanzadas, e a evolución xeneralizada cara a modelos e políticas de auténtico desenvolvemento que busquen fransformar en exclusivo benestar material en auténtica calidade de vida, dotándoa das correspondentes dimensións sociais, éticas, culturais e espirituais.
 
* Principio de equidade para que poidan saír da pobreza e alcanzar benestar e desenvolvemento os que agora non o teñen.
 
2. E o de limitacións. A satisfacción de necesidades para as xeracións actuais e futuras está condicionada polos límites impostos pola propia biosfera, límites establecidos polos recursos naturais existentes e, dunha forma máis importante, pola capacidade de asimilación de residuos, que é probablemente o ámbito onde se xeraron a maioría e os mías importantes problemas ambientais coñecidos.
 
En definitiva, o termo desenvolvemento sostible paracer ter o acerto de esbozar unha determinada filosofía e unhas determinadas pautas de actuación, que finalmente enmarcan dentro dos seguintes trazos, que en realidade se poderína construír ou entender como características propias das sostibilidade:
- Sostibilidade ecolóxica: require que o desenvolvemento sexa compatible co mantemento dos procesos ecolóxicos, a diversidade biolóxica e os recursos naturais, mantendo as características dos ecosistemas e a súa duración a longo prazo.
- Sostibilidade económica: que o desenvolvemento sexa económicamente eficiente e equitativo entre as xeracións e dentro delas. Por un lado, xestionando adecuadamente os recursos naturais e por outro tratando de logarar o suficiente benestar para os habitantes do planeta, o que implica a necesaria solidaridade intra e interxeracional.
- Sostibilidade social: que require un desenvolvemento que aumente o control das persoas e grupos sociais sobre as súas propias vidas, o cal facilitará a existencia de sociedades unidas e estables capaces de posibilitar a solidaridade internacional e a participación na resolución global dos problemas planetarios.
 
De forma que un auténtico desenvolvemento sostible debe pretender a intersección destes tres elementos, buscando que os obxectivos de xestión que se formules e as accións que se emprendan trataen de ser, de maneira simultánea, ecolóxica e economicamente viables e desexables desde o punto de vista social.

0 comentarios