AXENDA 21 ESCOLAR
¿QUE É A AXENDA 21 ESCOLAR?
A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou, como un dos seus documentos máis relevantes, a Axenda 21. En realidade a Axenda 21 significa un plan de traballo global para o século XXI, un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sostible, que comprende e conxunta cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.
Pero, tal como se indica no documento, para facer realidade este proxecto é necesario “pensar globalmente e actuar localmente”, de forma que a filosofía da Axenda 21 busca implicar especialmente a poboación local. Por iso, no seu capítulo 28, fai un chamammento a todos os pobos e cidadáns do mundo para que, traducindo os obxectivos globais da Axenda 21 en plans e accións concretas para as comunidades, elaboren as súas propias Axendas 21 Locais.
As iniciativas cara á sostibilidade derivadas da Axenda 21 deben desenvolverse a todos os niveis posibles: individual, de colectivos, empresarial, municipal, escolar, etc. pero non de forma aillada, senón creando conexións e alianzas entre eles a través de foros comúns (parece razoable que, cando exista, a Axenda 21 Local municipal sexa quen coordine esas conexións). NestE sentido, a participación dos centros escoilares especialmente cando o municipio no que se asentan elaborou a sua Axenda 21 Local ou está en proceso de facelo, adquire sen ningunha dúbiuda especial relevancia.
Os centros educativos parecen o lugar idóneo para aprender a vivir de maneira sostible na práctica diaria. A escala, é posible que os centros desenvolvan un proceso moi parecido ao da cidade cos súas Axendas 21 Locais, descubrindo e analizando os seus principais problemas, asumindo responsabilidades sobre eles e comprometéndose a mellorar a súa xestión integral, elaborando a súa Axenda 21 Escolar.
0 comentarios