OPERACIÓN CARBALLO
Onte, martes 15 de marzo, 28 alumnos-as e 2 profesores participamos na denominada Operación Carballo, organizada pola Obra Social de Caixagalicia e o Concello de Vigo e que se celebrou nos montes de Coruxo-Vigo.
Nela plantamos 42 carballos nunha parcela destinada ao noso Centro. Entre os días 14, 15 e 16 plantaranse nestes montes por escolares un total de 1.200 carballos. As nosas felicitacións pola iniciativa e a organización da actividade.
0 comentarios