CATÁSTROFE AMBIENTAL NO MAR DE TIMOR
Unha nova catástrode ambiental acaba de suceder: derrame de cru no mar. Neste caso non por un barco, senón por unha plataforma petrolífera. Todo aconteceu no Mar de Timor (O Mar de Timor é un brazo do océano Índico situado entre a Illa de Timor, hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Oriental, e o Territorio do Norte de Australia).
A plataforma pertence á petrolera pública tailandesa PTTEP e verqueu 400 barriles diarios ao mar durante 10 semanas, cubrindo máis de 10.000 quilómetros cadrados en pleno triángulo do Coral, no que os expertos chaman o "Amazonas submarino". Para colmo, nos traballos de contención da mancha, produciuse un incendio na torre de perforación.
A consecuencia: unha marea negra, que chegou ás augas territoriais de Indonesia e puxo en perigo a biodiversidade mariña e a pesca na área protexida do Mar de Savu, onde viven varias especies ameazadas de tartarugas, golfiños e baleas.
Seguimos sen aprender e non vai ser a última vez que o home atenta contra si mesmo.
0 comentarios