KILIMANJARO
Un dos glaciares en retroceso do Kilimanjaro (L. Thompson)
O Kilimanjaro é un volcán que se atopa no Parque Nacional do Kilimanjaro en Tanzania. Con 5.695 m, é a montaña máis alta de África e un dos volcáns máis altos do mundo. Consta de tres cráteres e ten neves perpetuas pola presenza dun glaciar na súa cima.
Precisamente a noticia ten como centro ese glaciar que acabo de comentar. A revista "Proceedings of the National Accademy of Sciences" (PNA) acaba de publicar as conclusións dunha investigación realizada polo prestixioso glaciólogo Lonnie Thompson, da Universidade de Ohio (Columbia-EEUU), nas que se indican que os glaciares situados tanto no cráter coma nas ladeiras do cumio do Kilimanjaro poderían desaparecer en menos de 20 anos. O cambio climático está detras.
Esperemos que na reunión próxima da ONU sobre cambio climático que se celebrara en Copenhage do 7 ao 18 de decembro tomen nota.
0 comentarios