A INDIA Á CONQUISTA DO ESPAZO

20081022231933-india-marte-cohete-isro.jpg

Momento do lanzamento na pasada madrugada.

A Axencia Espacial da India (ISRO) acaba de poñer en órbita un satélite máis alá da órbita terrestre. O seu nome é Chandrayaan-1, que quere dicir literalmente "viaxe á lúa", pois precisamente alí ten a súa misión.

Sobre as 1.52 da madrugada de hoxe mércores, hora galega, foi lanzado dende a base espacial de Sriharikota (ao sur do país), sendo propulsado por un foguete PSLV.

Durante dous anos realizará un mapa tridemensional da superficie luar e un estudo da súa composición mineral.

Esta misión non tripulada é o salto da India á carreira espacial.

¡Boa sorte!

22/10/2008 23:30. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.