A INDIA Á CONQUISTA DO ESPAZO

Momento do lanzamento na pasada madrugada.
A Axencia Espacial da India (ISRO) acaba de poñer en órbita un satélite máis alá da órbita terrestre. O seu nome é Chandrayaan-1, que quere dicir literalmente "viaxe á lúa", pois precisamente alí ten a súa misión.
Sobre as 1.52 da madrugada de hoxe mércores, hora galega, foi lanzado dende a base espacial de Sriharikota (ao sur do país), sendo propulsado por un foguete PSLV.
Durante dous anos realizará un mapa tridemensional da superficie luar e un estudo da súa composición mineral.
Esta misión non tripulada é o salto da India á carreira espacial.
¡Boa sorte!
0 comentarios