Facebook Twitter Google +1     Admin

ENTROIDO ESCOLAR

20090223104802-antroi86.jpg

Unha das imaxes do desfile do venres pasado (www.galiciasuroeste.info)

O pasado venres, 29 de febreiro, os esolares volveron saír ás rúas de A Guarda. Digo que volveron, pois había máis dunha década que esto non acontecía. Moitas serían as razóns para este parón de anos, pero eu penso que indepenedentemente dos motivos hai un triúnfo da tradición e da ilusión que poñen rapaces e profes e en resumo toda a comunidade escolar.

Seguramente, nestes días xa oficais do entroido, veremos disfraces sofisticados, con moito fasto e inversión de moitos caros. Se o entroido dos esolares se caracteriza por algo é pola esencia do mesmo entroido: a emprega de materiais sinxelos (antiguamente eran ropuas vellas e trapos). Nestes traballos predomina a imaxinación, o colorido, ... Pero canto traballo hai detrás, moitas veces pouco valorado! Como se os profesionais  que atenden aos nosos fillos fíxeran esto por perder o tempo! Reivindico este traballo, esa dedicación dos profesores. Tamén reivindico a ilusión  dos rapaces, e tamén o paio, non tan maioritario, dos pais, que queren recuperar tradicións que eles tiveron.

En resumo, os meus parabén  a todos os centros polo esforzo. Boto de menos non estar ahí! Eran outros tempos... Só un deseso para o ano próximo: continuar con este entroido de nenos e se é posible que participe tamén o IES.

Se queredes ver as fotografías do desfile (que publica www.galiciasuroeste.info) só tedes que pinchar en ENTROIDO ESCOLAR 2009

23/02/2009 10:48. vgomez #. OPINIÓN E COMENTARIO

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next