ATALAIA: MUSEO DO MAR
Museo do Mar da Guarda abre as súas portas
O xoves 9 de abril, terá lugar a apertura do Museo do Mar instalado na Atalaia, que se poderá visitar ata o domingo, de 11.00 a 14.00h, e de 16.00 a 19.00h.
O horario de verán (sábados, domingos e festivos) será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
Non se trata dunha inauguración, á que se procederá máis adiante, senón da súa apertura para facilitar a cantos nos visitan nestas datas unha referencia máis na súa estadía na Guarda.
O Museo do Mar é unha vella aspiración dun grupo de persoas vinculadas coa asociación naturalista ANABAM que, dende hai máis de 20 anos, dedican parte dos seus esforzos a recoller e conservar material etnográfico relacionado coa vida mariñeira.
Algunhas das pezas que se exhiben no Museo do Mar teñen un alto valor etnográfico por ser únicas e porque hai moitas décadas que caeron en desuso. Esta colección etnográfica apóiase en paneis informativos que facilitan a comprensión do seu uso, pero o plan museolóxico presenta tamén, entre outros atractivos, diversos puntos de información táctil e un audiovisual sobre o mundo do mar e da pesca na Guarda.
A réplica da Atalaia, reconstruída no lado norte do porto da Guarda, en Punta Xinete, vai ser o edifico que albergue os fondos do Museo do Mar, no que xunto coa colección de útiles e aparellos usados polos mariñeiros da vila, poderemos admirar tamén unha selección de cunchas da colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro formada por máis de 18.000 pezas e adquirida polo concello. Por motivos de espacio non é posible amosar todas esas cunchas, polo que o malacólogo Emilio Rolán Mosquera xunto con Ignacio Saa e Agustín Ferreira, realizaron a selección das cunchas para a súa exposición, optando por diferenciar a mostra en cuatro grupos de familias: Volutidae, Conidae, Cypraeidae y Muricidae.
O obxectivo principal do Museo do Mar é recuperar, conservar e difundir o patrimonio relacionado coa vida mariñeira e realizar unha mostra representativa das cunchas máis curiosas e vistosas que poden atoparse en todos os mares do mundo.
A Atalaia
O Museo del Mar localízase ao final do paseo marítimo, preto do Dique norte, convertido hai un ano nun fermoso mural de referencia pictórica nos peiraos galegos O edificio vén dado pola réplica da Atalaia, obra dos anos 90, para recordar a torre defensiva construida polos portugueses no século XVII, cuxos restos derruíronse na primeira mitade do século XX.
Fonte de información: www.Galiciasuroeste.info
Comentarios > Ir a formulario
¿Buscas algo?
Utiliza este buscador:
Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.
Enlaces
Algunos sitios recomendados
- EL NATURALISTA COJO
- A.I.R-e: ASISTENTE INTELIXENTE DE RECICLAXE
- LA FARMACIA NATURAL
- REVISTA esPosible
- WEBCAM MOLINO
- BIBLIOTEGRA DO MIÑO
- DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG
- ÁLBUM DA CIENCIA
- ANABAM
- BOIA DE A GUARDA (WMO)
- INFOMIÑO
- PRENSA DE ESPAÑA
- GALIPEDIA: ENCICLOPEDIA LIBRE
- TABOA PERIÓDICA
- GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS
- REVISTA CONSUMER EROSKI
- PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA
- ANTI-BULLYING [Línea de Axuda contra o Acoso Escolar]
- DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN
- MÚSICA
- CLIMÁNTICA
- REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL
- XUNTA DE GALIA: PORTAL EDUCATIVO
- FASES LUNARES E MAREAS
- O TEMPO NO MUNDO
- O TEMPO EN GALICIA
- XUVENTUDE.NET
- BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA
- DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA