Blogia
vgomez

ATALAIA: MUSEO DO MAR

 

 

 

Museo do Mar da Guarda abre as súas portas

 

O xoves 9 de abril, terá lugar a apertura do Museo do Mar instalado na Atalaia, que se poderá visitar ata o domingo, de 11.00 a 14.00h, e de 16.00 a 19.00h.

            O horario de verán (sábados, domingos e festivos) será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

            Non se trata dunha inauguración, á que se procederá máis adiante, senón da súa apertura para facilitar a cantos nos visitan nestas datas unha referencia máis na súa estadía na Guarda.

O Museo do Mar é unha vella aspiración dun grupo de persoas vinculadas coa asociación naturalista ANABAM que, dende hai máis de 20 anos, dedican parte dos seus esforzos a recoller e conservar material etnográfico relacionado coa vida mariñeira.

Algunhas das pezas que se exhiben no Museo do Mar teñen un alto valor etnográfico por ser únicas e porque hai moitas décadas que caeron en desuso. Esta colección etnográfica apóiase en paneis informativos que facilitan a comprensión do seu uso, pero o plan museolóxico presenta tamén, entre outros atractivos, diversos puntos de información táctil e un audiovisual sobre o mundo do mar e da pesca na Guarda.

A réplica da Atalaia, reconstruída no lado norte do porto da Guarda, en Punta Xinete, vai ser o edifico que albergue os fondos do Museo do Mar, no que xunto coa colección de útiles e aparellos usados polos mariñeiros da vila, poderemos admirar tamén unha selección de cunchas da colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro formada por máis de 18.000 pezas e adquirida polo concello. Por motivos de espacio non é posible amosar todas esas cunchas, polo que o malacólogo Emilio Rolán Mosquera xunto con Ignacio Saa e Agustín Ferreira, realizaron a selección das cunchas para a súa exposición, optando por diferenciar a mostra en cuatro grupos de familias: Volutidae, Conidae, Cypraeidae y Muricidae.

O obxectivo principal do Museo do Mar é recuperar, conservar e difundir o patrimonio relacionado coa vida mariñeira e realizar unha mostra representativa das cunchas máis curiosas e vistosas que poden atoparse en todos os mares do mundo.

A Atalaia

O Museo del Mar localízase ao final do paseo marítimo, preto do Dique norte, convertido hai un ano nun fermoso mural de referencia pictórica nos peiraos galegos O edificio vén dado pola réplica da Atalaia, obra dos anos 90, para recordar a torre defensiva construida polos portugueses no século  XVII, cuxos restos derruíronse na primeira mitade do século XX.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte de información: www.Galiciasuroeste.info

0 comentarios