DÍA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe, 22 de marzo, celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA, que a ONU adica o 2010 baixo o lema: AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN, co obxectivo de demostrar que na xestión dos recursos hídricos a cualidade dese recurso é tan importante como a cantidade.
Nun día coma hoxe do mes de decembro de 1993, a Asemblea das Nacións Unidas , na resolución A/RES/47/193 adoptou un acordo para a celebración o 22 de marzo de cada ano ao Día Mundial da Auga.
É unha chamada de atención para todos: para os que temos acceso libre a ela, para aforrala, evitar a contaminación da mesma,... e para os que teñen un acceso limitado, xa que nese caso ou podecen falta dela ou na maioría dos casos ao non ser potable serve de transmisión de enfermidades letais.
Fai un uso responsable dela!
0 comentarios