Facebook Twitter Google +1     Admin

400 ANOS

20090826120535-telescopio-galileo.jpg

Os astrónomos de todo o mundo conmemoraron onte o os 400 anos do recoñecemento oficial por parte das autoridades da República de Venecia do primeiro telescopio, un invento do científico italiano Galileo Galilei (1564-1642). Era o 25 de agosto de 1609.

Aquel invento tamén foi o comenzo de quebradeiros de cabeza para el. A inquisición púxoo no punto de mira por defender a teoría heliocéntrica (O Sol é o centro do universo e a Terra xira ao seu redor). En 1633 foi condeado, polos inquisidores, e forzado a abxurar (retractarse) de xeonllos e con ameazas de tortura, da teoría de Copérnico.

Pero a inquisición non puido deter o avance da ciencia. Galileo descubríu, que a Lúa non era lisa, pois tiña montañas e vales, que moitas e novas estrelas aparecían onde antes había escuridade, que a Vía Láctea non era unha mancha leitosa, senón un conxunto case infinito de puntos luminosos, e que o planeta Xúpiter xa non estaba só, senón acompañado de catro pequenos puntos que xiraban ao seu redor.

Este feito cambiou para sempre o mundo da astronomía!

 

26/08/2009 12:01. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.