Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA NOVA FORMA DE VIDA

20101202185718-1291310328-0.jpg
Bacteria do grupo Halomonas capaz de vivir do arsénico/ Science

 

A revista Science publica que científicos de EEUU, aínda que a autora principal é de procedencia cubana, atoparon unha nova forma de vida capaz de alimentarse e incorporar o Arsénico , un veleno para calquera ser vivo, o que rompe o paradigma actual da bioloxía.

Ata agora calquera forma de vida estaba composta por seis elementos principais que confiren as propiedades da vida: carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, xofre e fósforo.

A nova forma de vida é unha bacteria encontrada en Mono Lake, California (EEUU), pertencente ao xénero das Halomonas, unhas bacterias que viven en ambientes salinos. Trátase da primeira forma de vida capaz de vivir e incorporar nas súas moléculas vitais, tales como proteianas ou ADN, o arsénico no lugar do fósforo.

A investigación, levada a cabo por científicos da NASA, abre novas portas na búsqueda de vida fóra do noso planeta.

FONTE: El Mundo

03/12/2010 09:57. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.