Blogia
vgomez

OS VOLCÁNS DE MERCURIO

OS VOLCÁNS DE MERCURIO

 

A superficie de Mercurio, captada pola nave "Messenger". (Foto: NASA)

A revista "Science" acaba de publicar os datos recopilados pola nave espacial "Messenger" durante o seu paso polo planeta Mercurio no febreiro pasado. Esta é a segunda visita ao planeta dunha nave, a primeira foi realizada nos anos 70 (século pasado) pola nave "Mariner 10". Este acercamento da Messenger, é un dos tres que realizará antes de que a nave entre en órbita ao redor de Mercurio alá polo ano 2011.

Os estudios  que publica "Science" analizan a superficie, a atmosfera e o campo magnético de Mercurio.

Entre os principais descubrimentos sinala que varias características da superficie do planeta, cuxa orixe era controvertida despois da misión "Máriner 10", agora parecen que se formaron por procesos volcánicos e vez de por impactos de meteoritos (como sucede no caso da Lúa, e con certo parecido con Mercurio no aspecto externo).

Os investigadores tamén descubriron un gran número de fallas, sucos e outras formacións do terreo, que de forma colectiva indican que a cantidade total de compresión pola que Mercurio pasou é ao redor dunha terceira parte superior á que se pensaba.

0 comentarios