EXPOSICIÓN: "O LOMBO DA BALEA"

Baixo o nome “O Lombo da Balea” podedes visitar durante as próximas semanas, no Museo do Mar de A Guarda, unha exposición sobre a caza destes cetáceos.
Ao longo de diferentes paneis coñeceredes algo máis sobre as baleas e o aproveitamento que delas fixo o home ata hai pouco tempo. De feito, esta actividade foi habitual nas costas do Cantábrico ata o século pasado. Na exposición trátanse diferentes aspectos que van dende a natureza biolóxica da balea e doutros cetáceos, o seu comportamento no medio mariño; ata a relación que o home mantivo con eles ao longo da historia, que finalmente provocou o delicado estado actual da especie.
Esta exposición, organizada pola CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), complétase coa mostra de restos óseos de mamíferos mariños como unha costela e vértebra de balea entre outros.
A exposición estará visitable durante o habitual horario de apertura do Museo: sábados, domingos e festivos de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e a entrada é de balde.
FONTE: galiciasuroeste.info
Comentarios > Ir a formulario
¿Buscas algo?
Utiliza este buscador:
Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.
Enlaces
Algunos sitios recomendados
- EL NATURALISTA COJO
- A.I.R-e: ASISTENTE INTELIXENTE DE RECICLAXE
- LA FARMACIA NATURAL
- REVISTA esPosible
- WEBCAM MOLINO
- BIBLIOTEGRA DO MIÑO
- DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG
- ÁLBUM DA CIENCIA
- ANABAM
- BOIA DE A GUARDA (WMO)
- INFOMIÑO
- PRENSA DE ESPAÑA
- GALIPEDIA: ENCICLOPEDIA LIBRE
- TABOA PERIÓDICA
- GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS
- REVISTA CONSUMER EROSKI
- PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA
- ANTI-BULLYING [Línea de Axuda contra o Acoso Escolar]
- DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN
- MÚSICA
- CLIMÁNTICA
- REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL
- XUNTA DE GALIA: PORTAL EDUCATIVO
- FASES LUNARES E MAREAS
- O TEMPO NO MUNDO
- O TEMPO EN GALICIA
- XUVENTUDE.NET
- BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA
- DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA