EXPOSICIÓN: "O LOMBO DA BALEA"
Baixo o nome “O Lombo da Balea” podedes visitar durante as próximas semanas, no Museo do Mar de A Guarda, unha exposición sobre a caza destes cetáceos.
Ao longo de diferentes paneis coñeceredes algo máis sobre as baleas e o aproveitamento que delas fixo o home ata hai pouco tempo. De feito, esta actividade foi habitual nas costas do Cantábrico ata o século pasado. Na exposición trátanse diferentes aspectos que van dende a natureza biolóxica da balea e doutros cetáceos, o seu comportamento no medio mariño; ata a relación que o home mantivo con eles ao longo da historia, que finalmente provocou o delicado estado actual da especie.
Esta exposición, organizada pola CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), complétase coa mostra de restos óseos de mamíferos mariños como unha costela e vértebra de balea entre outros.
A exposición estará visitable durante o habitual horario de apertura do Museo: sábados, domingos e festivos de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e a entrada é de balde.
FONTE: galiciasuroeste.info
0 comentarios