CINCO RAZÓNS DE PESO PARA USAR LUCES LED
Variedade de lámpadas LED / Imaxe:ginerymira.com
As clásicas lámpadas incandescentes estanse a retirar do mercado para reducir o seu elevado consumo enerxético e o seu impacto ambiental. As luces LED (Diodo Emisor de Luz) teñen unha serie de vantaxes para o medio e os petos dos consumidores que como consumidores debemos valorar. Aquí tes 5 razóns de peso para que poden animarte ao seu uso:
1.-Teñen un mellor comportamento ambiental. As lámpadas LED non levan os materiais contaminantes doutro tipo de luminarias, como mercurio, chumbo ou tungsteno. Ademais, como o seu consumo enerxético é moito menor que as lámpadas incandescentes, diminúen nun 80% as emisións de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases implicados no cambio climático. Non obstante, levan terras raras, "uns compoñentes sobre os que aínda hai que traballar para evitar o seu impacto ambiental".
2.-Consumen menos enerxía e aforran diñeiro. As lámpadas LED converten o 80% da enerxía que consumen en luz, xusto ao revés que as incandescentes, que perden o 80% da electricidade en xerar calor. Neste sentido, as LED posúen unha alta eficiencia enerxética: logran aforros de enerxía de máis do 85% con respecto a unha lámpada incandescente e, polo tanto, un menor gasto na factura da luz. Acendidas durante tres horas ao día, unha lámpada incandescente de 40 vatios (W) gasta uns 7,9 euros anuais en electricidade, mentres que unha LED de 5 W, que proporciona unha luz similar a dita incandescente, un euro. Cantas máis horas están acendidas, a diferenza é maior.
3.-O seu prezo é cada vez máis baixo. Aínda que son máis caras que outras luminarias, como fluorescentes ou halóxenas, supón un investimento que se rendibiliza co tempo, dada a súa gran duración. Non obstante, a medida que se xeneralizan, o seu custo é cada vez máis baixo.
4.-Hai modelos para todo tipo de aplicacións. O sector desenvolveu unha gran cantidade de modelos que se adaptan ás necesidades máis variadas dos consumidores: de tubo, de casco, de farol, de foco, de panel, de campá, en tiras, con diversas cores, con luz fría ou cálida, con máis ou menos luminosidade, etc.
5.-Pódense reciclar. As lámpadas LED poden e deben reciclarse unha vez remate a súa vida útil. Os consumidores poden depositar as súas luces usadas, ao igual que as lámpadas de baixo consumo, nos puntos limpos ou ben en colectores específicos situados na maioría de puntos de distribución de lámpadas, almacéns ou lugares de traballo.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios