Facebook Twitter Google +1     Admin
20120103123130-sc1-highres-1.jpg
Lugar de impacto da nube de gas na Vía Láctea / NRAO

 

A súa forma lembra vagamente á dun cometa, só que de proporcións xigantescas. En realidade, trátase dunha inmensa nube de hidróxeno que se precipita cara a nós a máis de 240 km por segundo e que chocará sen remedio contra a nosa galaxia, a Vía Láctea, dentro duns 40 millóns de anos. Cando o obxecto chegue a impactar, a súa enorme enerxía creará de golpe deceas de miles de estrelas supermasivas, sendo moitas as que estouparán como supernovas. Se aínda quedan humanos na Terra daquela, os nosos desecendentes asistirán a un dos "fogos estelares" máis incríbles que ninguén vira xamais.

O monstruo, chamado " a nube de Smith " na honra do astrónomo alemán que o descubríu en 1963, ten unhas medidas realmente colosais: 11.000 anos luz de longo por 2.500 de ancho. É dicir, unhas dez veces menor que o seu obxectivo, a Vía Láctea, cuxo diámetro é duns 100.000 anos luz. Actualmente, o obxecto atópase "só" a 8.000 anos luz do plano da nosa galaxia, á que se achega a grande velocidade e contra a que chocará nun ángulo duns 45 graos.

O National Radio Astronomy Observatory (NRAO), que estuda este obxecto, empregou o telescopio de Green Bank. Sobre a súa orixe o más probable é que se trate dunha nube de gas que sobrou trala formación da Vía Láctea, aínda que tamén podería ser gas roubado a unha galaxia veciña

Se puidesemos vela nube de Smith cos nosos propios ollos, sería algo realmente impresionante, unha mancha sen estrelas que tería no ceo unhas trinta veces o diámetro da lúa chea.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.