Blogia
vgomez

CAMUFLAXE

 

Ao polbo mimo saíulle tamén un imitador. "Thaumoctopus mimicus", un polbo que chega a medir ata 60 centímetros e ten o corpo cuberto de manchas ou raias de cor branco e marrón, é capaz de imitar os movementos doutras criaturas marinas. Agora, un grupo de científicos grabou por primeira vez unha curiosa escea nas augas de Indonesia: un peixe bocón do mármore negro (Stalix cf. histrio) imitando ao polbo mimo.

Grazas ás súas camaleónicas habilidades, o polbo mimo, catalogado en 1998, consegue enganar aos depredadores, o que lle permite nadar polo océano con relativa tranquilidade. Polo contrario, o peixe bocón é unha criatura pequena e tímida, que pasa gran parte da súa vida preto da súa gorida para esconderse en cuanto ve algún perigo.

De calquera xeito, o peixe que protagoniza este vídeo, grabado en xullo de 2011 por Godehard Kopp da Universidade de Gottingen (Alemaña), amosa un sorprendente comportamento. Segundo se aprecia nas imaxes, o peixe móvese ao mesmo ritmo que o polbo, a quen parece non molestarlle a presenza do seu inesperado compañeiro. As escamas do peixe tamén axúdanlle a camuflarse e nalgúns planos a súa presenza confúndese coa do polbo.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios