Blogia
vgomez

O PORQUÉ DA FORMA OVALADA DOS OVOS DAS AVES

Mary Caswell, autora principal do estudo, diante a colección de ovos da Universidad de Princeton / DENISE APPLEWHITE

Aínda que non se despexaron as dúbidas sobre se veu antes a galiña ou o ovo, un equipo de investigadores da Universidade de Princeton deu a clave que explica o porqué da forma de cada ovo.

No estudo que se presentou o pasado xoves na revista Science, analizáronse ata 49.175 ovos de 1400 especies, dúas delas xa extintas. Nin as características do niño ou o número de descendentes nunha posta, nin o modo de desenvolvemento, nin os factores ambientais están relacionados coa figura elíptica dos ovos nas aves. Os ovos deben a súa forma á adaptación dos paxaros ao voo.

Estes resultados contradin as teorías anteriores que se apoia no tipo de hábitat ou a historia de vida do animal para explicar a silueta dos ovos. Ata entón pensábase que a súa aparencia cónica evitaba por exemplo, en aves rupestres, que caesen polos cantís, ao rodar en pequenos círculos. Tamén se afirmaba que o tipo de ovo condicionaba a eficacia da incubación, dependendo do tamaño dunha nidada.

Agora, os novos datos suxiren que a medida do índice mano-á (HWI), unha maneira de calcular a eficacia das aves no voo e por tanto a súa capacidade de dispersión, induce a forma que teñen os ovos dos paxaros, que non é redonda como a doutros animais, e por que varía tanto dunha especie a outra.

Confirman entón estas conclusións as aves que perderon a capacidade de voar? O estudo aclarou esta incógnita: "Na maioría das aves que perderon a capacidade de voar, como os avestruces, os ovos son a miúdo case redondos".

Polo tanto, a nova teoría parece corroborarse tamén para este tipo de animais. "Isto é o que poderiamos predicir, dado que as aves que se adaptan ao voo tenden a poñer ovos máis asimétricos e elípticos". "Sorprendentemente, os pingüíns, que non voan, poñen ovos bastante asimétricos. Pensamos que isto pode deberse a que os seus corpos están adaptados para nadar de forma eficaz. Talvez os mesmos procesos que inflúen na forma do ovo en grandes voadores están tamén traballando sobre os nadadores, como os pingüíns".

Segundo o estudo, a adaptación ao voo dotou aos paxaros de características aerodinámicas que orixinan unha pelvis estreita pola que só un ovo angosto pode pasar. Por este motivo, dado que un pito ten que caber nese espazo, os ovos presentan unha casca de contorno elíptico e asimétrico.

FONTE: Mar de miguel/Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios