Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA NOVA ILLA NO PACÍFICO SUR

Publicado: 23/03/2015 07:59 por vgomez en CURIOSIDADES
20150321203615-isla-pacifico.jpg

Ao atlas do mundo saíulle unha penca. Concretamente, a nova terra emerxida está situada a 45 quilómetros de Nuku’alofa, a capital de Tonga, país insular da Polinesia.

Trátase dunha illa (ou por ser máis precisos, un illote) de medio quilómetro de lonxitude que se formou a consecuencia da erupción do Hunga-Tonga, activo dende o mes de decembro.

O violento espertar deste volcán submarino creou a illa número 176 do arquipélago, como proclamou oficialmente o ministro de Terras de Tonga. De momento, non é recomendable ir a visitala, xa que a actividade volcánica continúa (cae chuvia ácida nun radio de dez quilómetros) e a nova mancha no mapa, feita de magma fragmentado, é inestable.

FONTE: Revista Muy Interesante/Natureza

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.