ANIMAIS MIMÉTICOS
Víbora de Paringuey / foroambiental.net
Algúns animais viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe. Así, poden parecer follas, flores, ou mesmo unha criatura feroz para evitar ser atacados. O certo é que é unha técnica empregada tanto por depredadores como por presas.
A arte da camuflaxe atopa a súa denominación correcta no termo cripsis, do grego Kryptos, que signifia ‘o oculto’ ou ‘o que se esconde’. Existen catro grandes categorías para clasificar os diferentes tipos de cripses: inmobilidade, coloración, patrón e non visual.
A primeira de todas, a inmobilidade, é a máis sinxela das técnicas. Como ben se intúe, consiste en permanecer completamente quieto nun mesmo lugar para acabar confundíndose entre a contorna. Esta resulta moi eficaz con certas especies de réptiles, pois algúns só detectan a presenza doutro animal se este móvese.
A coloración, pola súa banda, é unha das máis rechamantes e espectaculares. O animal adapta o seu corpo aos tons do hábitat no que se atopa e nalgúns casos, é realmente difícil discernir entre paisaxe e animal. Neste grupo incluíuse a figura do camaleón, pero de forma errónea, pois o seu cambio de cor non se debe á mimetización con aquilo que o rodea, senón polo seu estado psicolóxico e a consonancia coa temperatura do ambiente.
Cando se fala de cripses por patrón, facemos referencia ao tipo de camuflaxe que desenvolven algúns animais simulando a textura que os rodea. Normalmente, esta habilidade vai da man da cripsis por coloración, creando así unha mimetización perfecta.
Todas estas técnicas teñen que ver co engano do ollo alleo. Con todo, existen outros métodos para pasar inadvertido entre especies que non utilizan a visión como sentido primario. Este é o caso da cripses non visual, que potencia a camuflaxe a través da alteración de cheiros e son.
A sabedoría do reino animal non ten límites e a súa fascinante forma de vida revélanos día a día novos misterios e curiosidades. Nesta serie, recompilamos algunhas das especies máis expertas no engano. Serías capaz de diferencialos no seu hábitat?
Comezamos!
1. Mantis orquídea
Mantis Orquídea (Hymenopus coronatus) / muyinteresante.com
A pesar do seu delicado e encantador aspecto non te deixes enganar. Trátase dun voraz depredador. A mantis orquídea adoita colocarse xunto aos pétalos das flores asemellándose a unha delas para atrapar así aos insectos polinizadores como as bolboretas ou a mosca da froita. A súa atractiva coloración e forma atrae sempre a moitos incautos insectos que acaban nas súas redes . Atópase Pluviselvas de Malaisia, Indonesia, e Sumatra.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com/natureza
0 comentarios