PLÁSTICO QUE SE DESCOMPÓN NA AUGA DO MAR EN MOI POUCO TEMPO
Crean un plástico que se descompón totalmente na auga do mar nunhas horas
Un equipo científico desenvolveu un novo plástico duradeiro que non contaminará os océanos. O novo material é tan resistente como os plásticos convencionais e biodegradable, pero o que o fai especial é que descomponse na auga de mar.
Espérase que o novo plástico axude a reducir a nociva contaminación por microplásticos que se acumula en océanos e chans, segundo os investigadores do Centro Riken e a Universidade de Tokio (Xapón) onde se desenvolveu a investigación.
Os científicos tentaron desenvolver materiais seguros e sostibles que poidan substituír aos plásticos tradicionais, que non son sostibles e danan o medioambiente. Os microplásticos (anacos de menos de 5 milímetros) danan a vida acuática e chegan á cadea alimentaria, e tamén ao corpo humano.
Os novos plásticos fabricáronse combinando dous monómeros (moléculas) iónicos que forman pontes salinos reticulados, que proporcionan resistencia e flexibilidade. Non son tóxicos nin inflamables, é dicir, non emiten CO2, e poden remodelarse a temperaturas superiores a 120 graos como outros termoplásticos.
A propia salinidade da auga podería descompoñer eses plásticos, rexenerando as unidades de partida que, ademais, poden ser ’amigables’ co medio, reducindo así o problema da contaminación.
FONTE: infobierzo.com.tendencias
0 comentarios