Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XIX

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos da Ave elefante, hoxe tócalle o turno á...

19. Gorrión costeiro escuro

O gorrión costeiro escuro (Ammodramus maritimus nigrescens) era unha especie non migratoria de gorrión mariño que adoitaba vivir no sur de Florida, nas marismas salgadas naturais de Merrit Island e ao longo do río St.Johns.. En 1990, esta ave foi oficialmente declarada extinta despois de que os humanos encargásemonos de asperxer con insecticida DDT o seu hábitat. O último individuo coñecido morreu o 17 de xuño de 1987.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza   

0 comentarios