O PROPÓSITO AMBIENTAL DO MES: XANEIRO 2020
Que se deixar de fumar, que se aprender un idioma, que se apuntarse ao ximnasio... Os propósitos do ano novo adoitan ser pequenos xestos para mellorar algún aspecto da nosa vida: estar máis saudables, ter mellor forma física, poder viaxar máis... Pero, que che parecería se a este 2020 sumamos un propósito para tentar mellorar o planeta?
Cada mes, deixareiche un xesto que ir incorporando a túa vida diaria para empregar moitos menos plásticos.
Comezamos!
1. XANEIRO 2019: Á compra con tuppers e tarros
Normalmente, cando vas ao supermercado a por algo para comer como unhas pezas de froita, doces, carne ou peixe, esta acaba nun envoltorio ou pequena bolsa de plástico que á súa vez acaba dentro doutra bolsa. Iso, supoñendo que o produto non vaia de seu sobreenvasado: envolto e sobre unha bandexa de poliespán envolta en papel filme. Este xaneiro, podes propoñerche evitar todos eses plásticos cuxa vida remata nada máis chegar a casa e colocar a comida no frigorífico e o frutero. Como? Indo á compra con tuppers, tarros e varias bolsas ou mallas pequenas de tea, e tentando comprar a granel.
Nos supermercados non adoitan poñer ningún tipo de péga a que o carniceiro ou peixeiro garde o produto directamente nun tupper (moito menos en tendas de barrio e establecementos especializados en produtos a granel) e unha vez que te afás é moito máis cómodo: ao chegar a casa xa terás todo en recipientes, listo para gardar na neveira. Ademais, podes tentar facer parte da túa compra en tendas de produtos a granel. Non só poderás comprar a cantidade exacta de legumes (ou pasta, ou café, ou froita…) que necesites, senón que ademais evitarás ter que tirar bandexas ou envases de plástico extra. Actualmente hai tendas a granel, mesmo de produtos de limpeza, en practicamente todas as provincias españolas.
A intentalo!
FONTE: P. Cantó/ Verne/elàis.com Ilustración: L. Bou
0 comentarios