ICA: COÑECE A CALIDADE DO AIRE DA TÚA ZONA
Índice de Calidade do Aire de Galicia: 09/03/2022 ás 07:00
O Indice Nacional de Calidade do Aire (ICA), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, permite comprobar, en tempo real e de forma sinxela, a calidade do aire que marcan as estacións de medición instaladas en toda España e que forman parte da rede nacional de vixilancia.
O índice utiliza datos en tempo real, é dicir, datos provisionais e non validados, procedentes das estacións de monitoraxe e comunicados cada hora polas redes de calidade do aire que operan no territorio nacional. Estes datos son complementados, en caso necesario, por datos modelizados procedentes do Servizo de Vixilancia Atmosférica (Sistema de Monitoraxe da Atmosfera do Sistema Copernicus - CAMS) da Unión Europea.
O ICA define 6 categorías de calidade do aire: boa, razoablemente boa, regular, desfavorable, moi desfavorable e extremadamente desfavorable.
Os contaminantes que se consideran no índice son: Partículas en suspensión (PM10), Partículas en suspensión (PM2,5), Ozono troposférico (O3), Dióxido de nitróxeno (NO2) e Dióxido de xofre (SO2).
Por outra banda, unha nova ferramenta preditiva permitirá aos cidadáns coñecer e consultar a calidade do aire en España prevista para dous días, o actual e o seguinte.
Podes facer a túa consulta premendo AQUÍ.
FONTE: Joan Lluís Ferrer/farodevigo.es Imaxe: ica.miteco.es
0 comentarios