Blogia
vgomez

OS CABACEIROS DENDE A CIENCIA

OS CABACEIROS DENDE A CIENCIA

 O hórreo de Carnota (A Coruña), o   terceiro máis longo de Galicia, con 34,74 m. de longo, 1,90 m. de ancho e 22 pares de columnas ou pías / Imaxe:panageos.es

Cabaceiros, canastros, hórreos...Non facía falla demostrar nada. O hórreo está sobradamente probado polo pobo. O proxecto, llevado a cabo ao longo de dous anos por sete investigadores da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), recoñece que “os resultados” do seu traballo “son bastante obvios”. Pero o obxectivo era dar un respaldo científico ao sistema de almaceamento tradicional, deixar probada a súa “viabilidade” futura. Porque “non se debe consentir que se perdan”, e entre os aproximadamente 30.000 hórreos cos que conta en Galicia, xa son máis os que están en ruínas que os que seguen gardando o gran.

Os galegos levan ensaiando a estructura sobre pés, camiño da perfección, dende muoito antes de que o Imperio Romano chegase ao fin do mundo. Un século antes do cambio de era, Marco Terencio Varrón describía sorprendido os almacéns de gran “sobre terra” dos galaicos, sen deixar aclarado para a Historia se entón xa se atopaban por aquí, a pé de castro, algúns hórreos voadores. Foi Plinio o Vello, un século despois, o que se refiríu a estas construcións “suspendidas” do noroeste peninsular. E moitas colleitas e moitas chuvias despois, pero aínda demasiado pronto para que neles se instalase a perpetuidade o millo, Alfonso X mandou retratalos por primeira vez nunha miniatura das que iluminan as Cantigas de Santa María.

Os científicos constataron que o hórreo é un bo método para o secado e que os tornarratos e tornaformigas funcionan. Pero almacen de gran galaico, por moitas cruces que o adornen, non libra ás espigas de insectos voadores como o taladro ou fungos que poden chegar a ser tóxicos. Un “tratamento postcolleita” imposible en tempos de Plinio, como o “secado rápido con aire a 35 graos durante dous días”, bastaría para espantar os riscos.

FONTE: Xornal El Pais

 

0 comentarios