Facebook Twitter Google +1     Admin

PREMIOS JAIME I DO 2012

Publicado: 08/06/2012 06:55 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120606165039-premios-jaime-i.gif

Os científicos e investigadores Nazario Martín (Investigación Básica), Jesús Egido (Investigación Médica), Manuel Arellano (Economía), Juan Luis Ramos (Protección do Medio Ambiente), José Capmany (Novas Tecnoloxías) e Noriel Pavón (Emprendedor) lograron os Premios Jaime I de 2012.

Estes premios están dotados con 100.000 euros en cada unha das súas seis modalidade e  están instituídos pola Generalitat e a Fundación Valenciana de Estudios Avanzados (FVEA) para estimular e recoñecer a investigación en España.

Nazario Martín , doutor en Química e catedrático de Química Orgánica da Universidade Complutense de Madrid, foi premiado en Investigación Básica polas súas contribucións no campo da química supramolecular, "particularmente na combinación da química de fullerenos coa nanotecnoloxía".

Jesús Egido , Xefe do servizo de Nefroloxía e Hipertensión da Fundación Jiménez Díaz, foi premiado en Investigación Médica polos seus "descubrimentos clave no desenvolvemento das enfermidades renais, sobre todo na importancia da anxiotencina como causante do dano crónico dos riles".

Manuel Arellano , profesor de Econometría no Centro de Estudos Monetarios e Financieiros de Madrid, foi premiado en Economía, polas súas aportacións empíricas á economía laboral e á economía do comportamento nos fogares.

Juan Luis Ramos , profesor de investigación do CSIC en Sevilla, foi premiado na modalidade de Protección do Medio Ambiente polo seu traballo relacionado co uso de microbios para aplicacións medioambientais e biotecnolóxicas na eliminación de contaminantes.

José Campmany , doutor enxeñeiro de Telecomunicacións e director do Instituto Universitario de Telecomunicacións e Aplicacións Multimedia (Iteam) da Universidade Politécnica de Valencia, foi premiado en Novas Tecnoloxías polo seu "liderado mundial en investigación de transmisión de ultracapacidade e procesado óptico de sinais de microondas", multiplicando por dez a banda para transmitir datos.

Noriel Pavon , fundador e presidente de Oncovisión, empresa valenciana adicada ao desenvolvemento de equipamento automatizado para sistemas de diagnose e tratamento clínico, foi premiado na categoría de Emprendedor polo "positivo impacto social da innovación na alta tecnoloxía sanitaria".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.