Blogia
vgomez

OS PRIMEIROS "ANIMAIS" DA TERRA REPRODUCÍANSE COMO OS AMORADOS

OS PRIMEIROS "ANIMAIS" DA TERRA REPRODUCÍANSE COMO OS AMORADOS

 

Un equipo científico da Universidade de Cambridge, Reino Unido, descubriu que o organismo complexo máis antigo da Terra, que viviu no territorio da actual provincia canadense de Terra Nova e Labrador hai 540 millóns de anos, era un ser que se reproducía como os amorodos.

Os paleontólogos investigaron o proceso de reprodución do organismo complexo máis antigo achado na Terra. Trátase do “Fractofusus”, que vivía no fondo mariño hai 500 millóns de anos e cuxos fósiles atopáronse  en Terra Nova, Canadá. Por un lado, a súa vida estática asemellábao ás plantas, e por outro eran parecidos ás lapas mariñas, aínda que os científicos non se poñen de acordo á hora de afirmar se eran animais ou plantas, informa a revista “Nature”.

Os paleontólogos británicos cren que os Fractofusus usaban unha estratexia combinada de reprodución que lle permitía propagarse en distintas áreas do seu hábitat. Neste proceso utilizábanse propágulos, unhas estruturas das plantas capaces de desenvolverse de xeito separado para dar lugar a un novo organismo idéntico ao que o formou, que lles servían para propagarse por grandes extensións. Pero tamén ao igual que os amorodos, utilizaban estolóns, segmentos enraizados de planta cuxa separación dá lugar a plantas fillas. Esta estratexia servíalle para propagarse por áreas próximas ao organismo.

Fonte: RT/Ciencia

0 comentarios