OS CROCODILOS RESPIRAN COMO AS AVES

Imaxes por tomografía computadorizada, con tratamento posterior, dun aligátor de 12 kg, para estudar a circulación do aire polos pulmóns / SCIENCE
A revista SCIENCE publica, no último número, un descubrimento científico realizado por investigadores da Universidade de Utah (Salt Lake City-Estados Unidos), dirixidos por Colleen G. Farmer, nos que se asegura que os pulmóns dos crocodilos funcionan como os das aves, nos que o aire flúe nun só sentido en vez de entrar e saír como unha onda.
Para o citado estudo traballaron con unha especie de Aligátor Americano . Ata agora pensábase que este circuíto só se daba nas aves. En humanos e mamíferos, o aire entra polas fosas nasais e distribúese por conductos cada vez máis pequenos (tráquea, bronquios, bronquiolos,…) ata desembocar en minúsculas bolsas de aire denominadas alvéolos, onde ten lugar o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Nas aves, pola contra, o intercambio de gases prodúcese en tubos chamados parabronquios e nunha soa dirección, polo que resulta máis eficaz, por eso as aves voan sen problemas de falta de osíxeno a altitudes nas que os mamíferos caeriamos en coma.
A investigación, despois de ser verificada nestes parentes dos crocodilos, suxire que ten unha antiga orixe ancestral, nos Arcosaurios do Triásico, antepasados comúns dos dinosaurios (extinguidos), das aves e dos crocodilos.
1 comentario
nike shox saya -