PRIMEIROS INDICIOS DE QUE HAI UN CONTINENTE EN MARTE
Unha das mostras de rocha da posible codia continental detectada en Marte / NASA
Hai un robot do tamaño dun todoterreo que vai por Marte disparando raios láser. A súa luz concentra a potencia dun millón de lámpadas nun punto milimétrico e permite analizar as rochas a distancia. Esta tecnoloxía abre unha ventá única ao que sucedeu no planeta hai miles de millóns de anos e, grazas a ela, o Curiosity acaba de encontrar indicios do que podería ser o primeiro continente achado en Marte.
Os resultados do experimento ChemCam, publicados o pasado luns en Nature Geoscience, indican que hai rochas marcianas cunha composición moi similar á da codia continental da Terra. Este tipo de rochas forman todos os continentes terrestres e teñen unha composición diferente á codia que hai baixo os océanos. Esta actividade xeolóxica foi clave para que a Terra puidese desenvolver vida e os novos datos apuntan a que o planeta vermello tiña unha actividade similar, moito maior do que se pensaba ata agora.
O periplo do Nature Geosciencepolo cráter Gale comezou o 6 de agosto de 2012. No seu camiño, o robot topouse con pedras dunha estraña cor clara, diferentes a escuros basaltos que abundan no planeta. A orixe destas rochas esbrancuxadas, escriben os autores do estudo, parece ser "unha codia de varios quilómetros de grosor" que quedou en parte exposta na parede norte do cráter.
Tras torrar 22 destas pedras co láser e analizar os seus compoñentes, os responsables de ChemCam aseguran que son ricas en feldespatos, o que apunta a que teñen unha orixe magmática. De feito, resaltan, a súa composición é similar á da codia continental máis antiga que se achou na Terra. A súa existencia implica que o planeta vermello tiña no seu interior unha actividade xeolóxica moito maior do que se pensaba. De forma análoga ao que sucedeu no noso planeta, ese magma tería moldeado a codia ata facer aflorar a materia prima necesaria para formar continentes.
O novo achado é "moi importante", aínda que aínda sexa pronto para asegurar a existencia de "un gran continente". Os datos mostran que o planeta non só é moito máis diverso en minerais do que se pensaba, senón que ademais estes foron transformados polo magma para dar lugar a unha gran diversidade de rochas. Isto, á súa vez, ten importantes implicacións para a posibilidade de vida. Marte puido ser un xemelgo da Terra moito mellor dotado en orixe para xerar vida. De feito hai a posibilidade de que toda a vida da Terra proveña do planeta vermello. En todo caso, a existencia de actividade xeolóxica reforza as posibilidades de bioloxía en Marte.
DONTE: Xornal El País/ciencia
0 comentarios