Facebook Twitter Google +1     Admin

O BOSÓN DE HIGGS PARA PROFANOS

Publicado: 08/07/2012 08:14 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

Foi a noticia científica da semana, do ano e, posiblemente, do século: O descubrimento do bosón de Higgs. Pero realmente que é?

A masa é un dos conceptos fundamentais e á vez estraños da física. Se interaccionamos co mundo que nos rodea asociamos o concepto de masa ao de inercia ( é máis fácil desprazar unha cadeira que un armario, polo tanto ten menos masa a cadeira).

Os obxectos macroscópicos (os que podemos ver a simple vista) están feitos de materiais compostos de moléculas. Estas non son senón conxuntos de átomos, estructuras formadas por ínfimas partículas elementais que interaccionan entre sí grazas á súa carga eléctrica.

A masa de todo o que nos rodea é a suma das masas de todas esas partículas diminutas, invisibles, das que están feitos, das que estamos feitos.

En física non é fácil explicar cal é a orixe da masa das partículas. É razoable pensar que existe un mecanismo que fai que unhas partículas experimenten unha inercia diferente de outras, polo que as súas masas serán de diferente magnitude.

Unha hipótese razoable para este mecanismo es supoñer que existe un "campo" que permea todo o espazo (o universo) co que interaccionan case todas as partículas elementais. Aquelas partículas que experimenten unha interacción intensa con este campo serán partículas moi masivas, mentras as que o fagan levemente serán lixeiras.

Pero, e as que non interaccionan ? Esas, como o fotón (a partícula da luz), carecen de masa podendo moverse libremente á velocidade da luz. Estamos falando do campo de Higgs. Se visualizamos este campo como unha xelatina que, de forma apenas perceptible, ocupa todo o espazo podemos interpretar a inercia como a interacción das partículas elementais con esta "substancia" (sen olvidar que esto non é senón unha imaxe mental, un exercicio intelectual). Este campo que, como se dixo, permea todo o espazo, é prácticamente indetectable. Sen embargo, o modelo de Higgs predí que se o axitamos con suficiente forza podemos producir perturbacións no mesmo que serían detectables. Esas perturbacións son a partícula de Higgs (máis técnicamente, o bosón de Higgs).

Para aqueles que aínda non o teñan claro, o vídeo pode axudar.

FONTE: Pablo García Abia / Xornal: El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.