Facebook Twitter Google +1     Admin
20121122194713-3-r-do-consumidor-ecoloxico.jpg

Os 3 R do consumidor ecolóxico / Imaxe:vivoeco.cl

Cada vez reciclamos máis e o medio agradéceo. Pero a reciclaxe non é a única nin a máis importante acción ecolóxica que poden facer. As normativas europeas destacan aínda máis as prioridades ambientais: "O máis importante é reducir o uso de recursos, despois reutilizar os produtos para darlles unha vida útil máis longa e, unha vez que o produto non se pode empregar máis, reciclalo de forma axeitada".

Ao longo de tres artigos, imos ver como facer ben os tres erres do consumidor ecolóxico: reducir, reutilizar e reciclar.

Hoxe comezaremos por REDUCIR:

Reducir é facer uso da menor cantidade de recursos naturais posibles. É a acción máis importante que os consumidores poden facer polo medio. O obxectivo non é que non se consuma nada, senón facelo de forma sostible. Os produtos de usar e tirar ou os que levan un empaquetado excesivo son os primeiros que se deben evitar. Na nosa vida cotiá pódese reducir con distintas medidas beneficiosas de aforro para o medio e o peto:

-Auga: non deixar billas abertas, arranxar os que goteen, instalar sistemas de aforro ou reducir o consumo dos produtos que máis auga necesitan para a súa creación (auga virtual) diminuirán o gasto deste recurso.

-Alimentos: unha terceira parte dos alimentos pérdense ou desperdician segundo a ONU. Estudar a lista da compra ou organizar na casa os alimentos para consumir todos pode ser moi útil para que non rematen no lixo.

-Combustible: conducir de forma "ecolóxica" ou utilizar o transporte público ou a bicicleta son maneiras de recortar o gasto en gasolina.

-Enerxía: as medidas que se poden facer son moi variadas, como illar ben a vivenda, non abusar dos sistemas de climatización, utilizar aparatos eficientes (lámpadas de baixo consumo, electrodomésticos de clase A ou superior), ou anular os electrodomésticos con stand-by e, en xeral, calquera sistema eléctrico que non se use.

-Papel: para iso pódense aproveitar as follas polas dúas caras, recibir as facturas en formato electrónico, compartir revistas e xornais ou utilizar papel reciclado.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next