Blogia
vgomez

O QUILO ENGORDOU

O QUILO ENGORDOU

Cilindro de platino que serve de patrón para o quilo / Imaxe: sociedad.elpais.com

Das tres magnitudes básicas para todos os sistemas de medida (masa, espazo e tempo, á parte da temperatura), só unha queda definida como se fixo a finais do XIX: cun bloque de platino, cuxo orixinal se conserva en París. As outras fóronse redefinindo en función de constantes físico-químicas da natureza, pero a arbitrariedade do quilogramo non atopou un equivalente que convenza aos científicos. O problema é que o cilindro de platino que o define xa non pesa un quilo: engordou.

En verdade, no mundo non hai só un patrón dun quilo. Cando se estableceu esta unidade en 1875 fixéronse unha serie de copias homologadas que se repartiron por distintos países. Ao Reino Unido chegou a 18, e é con esa coa que fixo un estudo a Universidade de Newcastle, que publicou, o pasado luns, a revista Metrologia. Usando un complicado equipo de espectroscopia de fotoelectróns emitidos por raios X (XPS polas súas siglas en inglés) descubriron que o cilindro pesa en verdade algo máis dun quilo. Non é moito, apenas uns microgramos (millonésimas de gramo), pero a importancia da unidade de masa é tanta que iso obriga a reequilibrala.

A causa da desviación non é que o platino de que está feito o modelo engorde. Pero no seu século e cuarto de existencia, e malia as condicións tan estritas de conservación, acumulou contaminantes na súa superficie. Calcúlase que, polo menos o caso estudado, estas son pouco menos de 100 microgramos (0,1 miligramos), pero non se sabe que pasou coas demais copias. Se, como é de supoñer, todas sufriron procesos similares, o mundo tería agora unha vintena de patróns dun quilo, todos pesando algo diferente.

Identificado o problema, os científicos formuláronse como adelgazar os modelos. A solución: someter as pezas a unha sesión de raios UVA. A idea é que a combinación dunha radiación ultravioleta xunto cunha exposición a ozono poida disolver os compostos, sobre todo a base de carbono, que se encontran na superficie, e devolver os patróns ao seu peso ideal. E nunca mellor dito: 1,000 (e engádanse todos os ceros quéirase) quilogramos. Nin un ápice máis ou menos.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios