A VISITA DE DOUS ASTEROIDES NESTE MES DE XANEIRO
Modelos tridimensionais de Eunomia e Irene, obtido a partir da súa curva de luz / es.wikipedia.org
Iste mes de xaneiro teremos a vista de dous asteroides procedentes do Cinto de Asteroides (unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter).
O 21 de xaneiro poderemos divisar o primeiro dos asteroides: o 15 Eunomia, que nos «rozará» ao pasar a 1,5 unidades astronómicas da Terra (algo máis de 200 millóns de quilómetros, unha cantidade que pode parecer enorme, pero que en termos espaciais é nimia). Emprega 1570 días en completar una órbita ao redor do Sol.
Tres días máis tarde, o 24, achegarase outra rocha espacial, esta vez 14 Irene, desta vez a algo máis de 2 unidades astronómicas (uns 300 millóns de quilómetros) preto da constelación de Cancro. Emprega 1.520 días en completar una órbita ao redor do Sol.
FONTE: abc.es/ciencia e wikipedia.org
0 comentarios