ANIMAIS RAROS III
Continúo coa serie animais raros, ises seres de inconcibible aparencia, pero que son animais reais como a vida mesma e habitan no noso mundo.
3. Porco mariño (Scotoplanes globosa)
O porco mariño / Imaxe: twitter.com/Aula_Idemar
A pesar de que a súa aparencia convide a pensar nun ente alieníxena, o porco mariño é en realidade un cogombro de mar, é dicir, un tipo de equinodermo. Abunda nos chans mariños das rexións máis profundas e frías dos océanos de todo o planeta, polos que se pasea en “mandas” de centos de individuos que avanzan apaciblemente apoiados nos apéndices tubulares que lles serven como patas hidráulicas. Ten de 5 a 7 pares que ínchan e desinchan para impulsarse.
As longas antenas que locen en ambos os extremos do seu dorso son tamén patas modificadas para exercer como órganos sensoriais, cos que detectar os sinais químicos que desprenden as súas fontes de alimento: os detritos (restos e desfeitos doutros organismos) depositados no fondo mariño, que os porcos mariños inxeren valéndose do anel de tentáculos que rodea cada unha das súas múltiples bocas tubulares.
Mañá outro animal raro!
FONTE: www.bbvaopenmind.com/ciencia/biociencias
0 comentarios