CRUCIGRAMA VIII
VERTICAIS: 1. Establecemento público, de propiedade privada ou do Estado, onde se dá calquera tipo de ensinanzas e, en particular, centro de ensino primario 2. Instrumento composto de dous brazos articulados por un extremo, que serve para trazar curvas regulares ou para medir 3. Folla de papel dun tamaño que corresponde á metade dun prego e ao dobre dunha cuartilla 5. Cadro, de diferentes materiais, que se usa normalmente nas escolas para escribir ou debuxar 6. Instrumento óptico que aumenta a imaxe das cousas que se ven a través del, de modo que permite examinar o que é demasiado pequeno para aprecialo a simple vista 8. Instrumento para escribir que consta dunha barra con tinta introducida nun cilindro e dunha punta rematada nunha boliña que, ao apoiala sobre o papel, permite o paso da tinta 9. Computador persoal de man co que se interactúa por medio dunha pantalla táctil 11. Bolsa que se leva ao lombo, colgada dos ombreiros.
HORIZONTAIS: 4. Mesa de madeira coa tapa en forma de plano inclinado que se emprega para escribir nas escolas 7. Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira 10. Máquina que serve para realizar operacións matemáticas por medio de procedementos mecánicos ou electrónicos 12. Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas 13. Utensilio formado xeralmente por un cartón dobrado pola metade, ás veces forrado doutro material, usado para gardar dentro papeis 14. Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.
0 comentarios