Facebook Twitter Google +1     Admin
20131201202936-energia-fusion.jpg

Traballos no Instituto Max Planck para a Física do Plasma en Munich (Alemaña) / IPP

Investigadores da Universidade de Sevilla pretenden reproducir na Terra a forma que teñen as estrelas de producir enerxía. Os expertos traballan en reactores experimentais de fusión nuclear co obxectivo de obter unha fonte de enerxía sostible, limpa e virtualmente inesgotable.

Tratan de construír un pequeno Sol na Terra. Para iso necesitan controlar perfectamente a fusión de isótopos de hidróxeno que se forman no interior do reactor nuclear. As estrelas producen enerxía fusionando os núcleos dos átomos que as compoñen e neste proceso alcanzan temperaturas de ata 10 ou 20 millóns de graos. Para conseguir a fusión na Terra, non obstante, os reactores teñen que operar a temperaturas mesmo máis elevadas que as do Sol, 100 millóns de graos.

Non hai material que aguante esas temperaturas polo que hai que manter o plasma confinado mediante campos magnéticos e afastado das paredes do reactor. Isto é así porque calquera contacto do plasma coa parede fai que esta se derreta ocasionando danos na parede do reactor e rompendo o baleiro necesario para que se produza a fusión.

Partindo desta premisa, o grupo de investigación estuda as perdas de ións enerxéticos que se producen no plasma durante a fusión. Estas perdas prodúcense principalmente pola interacción destas partículas con ondas que produce o plasma de forma autosuficiente. Para o estudo destas perdas instaláronse diversos detectores no reactor de fusión do Instituto Max-Planck para Física do Plasma de Múnich (Alemaña).

A enerxía que se obtería dun só vaso de auga equivalería a toda a enerxía que consumiría unha persoa en toda a súa vida, afirman estes investigadores, pero o problema radica en controlar en todo momento o plasma que levita no baleiro dentro do reactor para que perdas deste non danen as paredes do reactor e rompan o baleiro. En concreto, os expertos van estudar o comportamento das partículas que se encargan de quentar o plasma, ver o número exacto destas partículas que se escapan e tratar de conseguir o control absoluto deste.

Aínda que este tipo de fonte de enerxía limpa xa é totalmente factible dende o punto de vista científico, os expertos seguen traballando co obxectivo de demostrar que a fusión de partículas de hidróxeno é viable tamén dende o punto de vista tecnolóxico e económico.

Segundo os investigadores “nun par de décadas a fusión podería ser unha alternativa aos combustibles convencionais como o petróleo".

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next