Blogia
vgomez

Á VOLTAS COA VIDA EN MARTE

Á VOLTAS COA VIDA EN MARTE

Microtúneles no meteorito Yamato de Marte / NASA

Un equipo de científicos do Centro Espacial Johnson en Houston, e do Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) en Pasadena, California, ambos os dous da NASA, encontraron evidencias de auga e marcas que puideron ser producidas por organismos biolóxicos no pasado ao longo dun meteorito marciano atopado na Antártida

 As análises do meteorito (de 13,7 kilos conocido como Yamato 000593 (Y000593) amosan que é unha rocha que se formou hai ao redor de 1.300 millóns de anos dun fluxo de lava en Marte. Hai uns 12 millóns de anos, produciuse un impacto no planeta que expulsou o meteorito da superficie. A rocha viaxou polo espazo ata que caeu na Antártida. 

O equipo encontrou dous conxuntos distintivos das características asociadas coa arxila derivada de Marte. O primeiro son gretas e microtúneles que se abren paso ao longo do meteorito. Os microtúneles observados mostran formas ondulantes curvas consistentes coas texturas alteradas polas bacterias observadas nos vidros basálticos terrestres. Ademais, acharon esférulas dun tamaño de nanómetros a un micrómetro que se intercalan entre as capas dentro da rocha e son distintas do carbonato e a capa de silicato subxacente.

O achado reavivou o debate na comunidade científica sobre a vida en Marte, pero os investigadores, cautos, non descartan que esas gretas e microtúneles fosen formadas por causas químicas non biolóxicas.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios