Blogia
vgomez

O ASTEROIDE 1998 OR2 (52768) ACHÉGASE HOXE Á TERRA

O asteroide 1982 OR2 (52768) captado polo radar do Observatorio de Arecibo o 17 de abril / NASA/NSF

O asteroide 1998 OR2 (52768) fará hoxe o seu máximo achegamento á Terra. A súa aproximación será aproveitada polos científicos para estudar a súa órbita e coñecer mellor as súas características, pois esta rocha espacial de entre dúas e tres quilómetros de diámetro é un dos obxectos catalogados como potencialmente perigosos. Din os científicos do Observatorio de Arecibo (en Porto Rico) que o observan desde o 13 de abril que as elevacións e cristas que ten nun dos extremos fai que parézase a unha máscara.

Ademais de ser un asteroide de tipo NEO (Near Earth Objects ou Obxectos Próximos á Terra), é un dos 2.000 corpos considerados potencialmente perigosos porque o seu diámetro é maior de 150 metros e a distancia que hai entre a súa órbita e a órbita da Terra é menor de 25 veces a distancia que separa a Terra da Lúa.

Foi descuberto o 24 de xullo de 1998 desde o Observatorio Haleakala de Hawai e de entre os que se coñecen, é o asteroide máis grande e que máis preto vai pasar da Terra nos próximos anos. Pero isto non significa que sexa perigoso agora pois este mércores vai pasar a 6,3 millóns de quilómetros do noso planeta (pense na distancia que hai entre a Terra e a Lúa e multiplícaa por 16). É dicir, estará demasiado lonxe como para que poida impactar contra a Terra.

Os científicos cren que 1998 OR2 orixinouse no chamado Cinto Principal de asteroides, unha rexión situada entre Marte e Xúpiter na que se cre que pode haber máis de tres millóns de asteroides, dos que se coñecen algo menos dun millón.

Os cálculos que se están facendo apuntan a que no ano 2076, o asteroide 1998 OR2 pasará máis preto, a entre 3,5 e 4 veces a distancia que separa á Terra-Lúa. Tampouco entón crese que será perigoso, pero non se descarta que nun futuro máis afastado, a súa órbita sufra unha perturbación e aumente a probabilidade dun impacto.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

0 comentarios