Facebook Twitter Google +1     Admin
20140505160507-anillos-urano.jpeg

 

O telescopio Hubble da NASA   logrou unha imaxe moi difícil de fotografar: o sistema de aneis do planeta Urano.

A complexidade de captar o sistema de aneis do terceiro planeta máis grande do noso sistema solar vén dada porque estes son moi escuros e débiles, non como a estrutura de aneis de Saturno, moito máis coñecida e sinxela de inmortalizar.

O sistema de aneis de  Urano foi descuberto en 1977 pero, segundo os datos rexistrados hai máis de dous séculos, o coñecido astrónomo e descubridor deste planeta, William Herschel, tamén anunciou a presenza de aneis en Urano, aínda que a comunidade científica actual se mostra escéptica ante a posibilidade real de que os puidese observar.

De calquera xeito, o enigma deste escuro e débil sistema de aneis segue tendo moitas frontes abertas. Sábese que o sistema está formado por 13 aneis distintos cuxos raios oscilan entre os 38.000 e os 98.000 quilómetros e cuxa anchura apenas ten uns poucos de quilómetros. Ademais, os científicos cren que o sistema de aneis de Urano pode ter apenas uns 600 millóns de anos (o que o fai bastante novo) e estar composto por xeo de auga xunto a algúns compostos orgánicos escuros procesados pola radiación.

FONTE: Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.